NOTA DE PRENSA
Barcia acusa a Martínez de mentir e di que os concellos do PP só recibiron o cinco por cento do orzamento adicado a obras no 2009
* As tres obras adxudicadas a outros tantos municipios nos que gobernan os populares supuxeron pouco máis de 500.000 euros mentres que os que están dirixidos polo PSOE ou/e BNG representaron 9,1 millóns de euros
Lugo, a 7 de maio de 2010.- “O responsable da área de Vías e Obras da Deputación, D. Manuel Martínez, minte cando asegura que a institución provincial non discrimina ós concellos gobernados polo Partido Popular na adxudicación de obras”. Así de contundente se amosou o voceiro adxunto do Grupo provincial popular José María González Barcia en resposta ó declarado por Martínez.
A resposta de Barcia arguméntase con datos. As obras adxudicadas pola Deputación no ano 2009, sen contar as derivadas do canon, o POS, as incluidas na rede viaria provincial e as que tiveron como destino as propias instalacións provincias, ascenderon a 10.537.785 euros e só ó 5,35 por cento, é dicir, 517.418 euros, foron a parar a municipios gobernados polo PP.
Pola contra, aqueles concellos que responden ás siglas do PSOE e/ou BNG supuxeron 9.157.083 euros, o que representa o 94,65 por cento do total.
O 94,65 por cento fronte o 5,35 por cento, insisten os populares, que se pregunta que clases de coñecementos matemáticos ten o Sr. Martínez para, en base a eles, asegurar que dúas de cada tres obras adxudicadas pola Deputación tiñan como destino concellos gobernados polo PP.
Para os populares o que está claro é que Manuel Martínez minte cada vez que fala. Así, aseguran que mentiu co tema das expropiaciones e mentiu co reparto das obras, do que se derivan dúas conclusións: que o responsable da área de Vías e Obras fai o que lle dá a gana no seu reino de taifas particular e que a única preocupación do goberno provincial é sacarlle rédito partidista ó pouco que fai, sen importarlle o máis mínimo as necesidades xerais da provincia e dos seus habitantes.
Engade Barcia, incluso, que ata dentro dos propios concellos socialistas e/ou nacionalistas hai certa discriminación positiva hacia os concellos nos que os seus representantes son deputados provincias. O voceiro adxunto dos populares na Deputación, aínda que matizan que non dubidan de que a execucións desas obras eran necesarias, suliñan que sorprende esta coincidencia e incluso que, dentro dese trato favorable hacia determinados concellos, sobresale o propio concello de Becerreá, beneficiario de tres obras que supoñen unha inversión de máis de dous millóns de euros.