Nota de Prensa
Juan Jose Martín Álvarez autorizou o reforzo urxente do cadro de persoal do Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA) cun novo médico forense que prestará o seus servizos no centro hospitalario mariñán
O DIRECTOR XERAL DE XUSTIZA CONFIRMA AO DEPUTADO POPULAR JOSE MANUEL BALSIERO QUE NO HOSPITAL DA COSTA VOLVERÁN A REALIZARSE AUTOPSIAS DESDE O 14 DE MAIO
* Cúmprese así un compromiso acadado polo Partido Popular de Galicia e polos novos responsables do Goberno galego para restablecer este servizo, despois de dar solución ao problema co que se atoparon: a lista de contratación deste persoal levaba sete anos baleira o que imposibilitaba a substitución dos médicos que causaron baixa en Burela e Monforte.
O novo Goberno de Galicia cumpre así un compromiso acadado polo Partido Popular de Galicia e polo propio director xeral de Xustiza quen, en resposta a unha iniciativa parlamentaria do deputado popular Jose Manuel Balseiro Orol, xa adiantou que antes de que rematase o mes de maio tanto nos hospitais de Burela como no de Monforte volverían a realizarse autopsias.
LISTA DE CONTRATACIÓN
O procedemento seguido para a cobertura deste servizo, que ata o momento se estaba a realizar exclusivamente nas instalacións que o IMELGA ten na cidade de Lugo –aínda que cun horario ampliado para evitar demoras- foi a través da bolsa de contratación creada polos novos responsables da administración autonómica, un instrumento dirixido a paliar a falta de facultativos especialistas de medicina legal que quixeran traballar nos hospitais de Burela e Monforte. Cómpre lembrar que ata este momento, a lista de cobertura de médicos forenses interinos levaba sete anos baleira, polo que era imposible proceder á substitución dos facultativos que causaron baixa en ambos hospitais lucenses. Os novos responsables da Xunta de Galicia deron solución a este problema posibilitando esta boa nova para a comarca mariñá.
COHERENCIA NO DISCURSO
Balseiro salientou finamente que “nós fixémonos eco deste compromiso cando eramos oposición, e seguimos a reclamar o mesmo agora que o PP ten a responsabilidade de Goberno en Galicia”. O deputado popular foi garante da recuperación deste servizo que, a partir do vindeiro venres, xa será realidade. A boa nova confirmouse nunha xuntanza mantida no día de hoxe e na que participou o propio deputado Balseiro, o director xeral de Xustiza e a Delegada Territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias.