RIBADEO (FNC) .- O tribunal das probas de selección de 4 operarios para a realización de tarefas de xardinería e desbroce na Delegación de Medio Ambiente decidiu pospoñelas para o vindeiro martes 25 de maio, ás 9 da mañá. O presidente do tribunal e os outros membros do mesmo manifestaron “a imposibilidade de realizar as probas previstas inicialmente para a tarde do luns día 24 de maio ao se trasladar a festividade de Santa Rita para esa xornada ademais de existir contraidas obrigas con anterioridade por parte dalgún dos membros do tribunal”.
Previa deliberación do tribunal na xornada de onte decidiron retrasar a celebración da proba un día. Finalmente será o martes 25 de maio ás 9 da mañá no parque sito na rúa Pintor Fierros “a tenor do elevado número de aspirantes que se presentan, un total de 65”.