NOTA DE PRENSA
Os populares de Burela piden o vaciado dos contenedores de vidro.
Lamentan que o discurso do alcalde na apertura das xornadas de EXPOMAR estivera “absolutamente vacío de contido”.
Aseguran que o pleno correspondente ó mes de Maio ainda non está convocado.
Para os populares, esa ausencia de preocupación polo día a día e extensible a outras cuestións, o mesma ca ausencia dunha mínima organización. Asì, o pleno do presente mes de Maio, que en principio se nos comunicou que se celebraría o día un ou dous de Xuño, días nos que non hai actos festivos, a día de hoxe ainda está sen convocar. Non se sabe se é polas moitas e complexas preocupacións do alcalde, ou porque non hai asuntos que tratar. Moito nos tememos que o pleno non se celebrará hasta a semana seguinte ás festas, co que entre ese pleno e o que lle corresponde ó mes de Xuño só mediarán quince días.
E como mostra final, o discurso de inauguración das xornadas de EXPOMAR de onte, xoves, do alcalde. Si quería ser breve, desde logo que o logrou, porque menos tempo non se pode falar, e se non quería decir nada, tamén o logrou. Foi sen dúbida un dos discursos máis pobres que temos oído, por estar totalmente vacío de contido. Burela e EXPOMAR merécense que o alcalde prepare un discurso de apertura que permita trasladar ós asistentes o proxecto de presente e de futuro que se tén desde a alcaldía. Pois ben, como non hai proxecto da alcaldía nin de presente nin de futuro, o discurso limtouse a darlle a benvida ós asistentes e a presentar á Conselleira, que non precisa presentación por ser de sobra coñecida polo sector marítimopesqueiro, trasladando unha imaxe do concello bastante pobre e simplista.
Desde o PP pedímoslle ó alcalde que se aplique no seu labor, que se quere tén moito que facer, e que se adique a mirar as fotos da praza a outras horas que non sexan as horas de traballo. As horas de traballo están para o traballo.