Site icon Crónica3.com A Mariña

Afirma outra vez o PP que o Hospital da Costa “aumentará as súas competencias”

NOTA DE PRENSA:
Acollendo o discurso de PSOE e BNG desde a plataforma primeiro dixeron que o hospital pecharía, unha vez desmentido, que desaparecería a área sanitaria, cando esto se demostrou falso, afirmaron que se perderían servizos, cando tamén se desmentiu insisten en xerar alarma pola creación dunha xerencia integrada cuxas únicas funcións é unir a dirección dos centros de saúde e do hospital da costa

O PP PON DE RELEVO AS CONTRADICIÓNS DA PLATAFORMA SANITARIA E INSISTE EN QUE A SANIDADE MARIÑÁ ESTARÁ DIRIXIDA DESDE BURELA

* Non comprenden que poda molestar o feito de que lonxe de perder poder de decisión o novo xerente aumentará as súas competencias xa que xestionará xunto ao hospital os centros de saúde que antes dependían directamente de Lugo.

* O PP lembra que foi unha iniciativa impulsada por eles a que garantiu a continuidade da área sanitaria e pediu novos servizos, un discurso totalmente contrario ao que afirman PSOE e BNG

A Mariña, 18 de maio de 2010.- O Partido Popular da Mariña despois de coñecer que a plataforma sanitaria ten previsto convocar unha asemblea para decidir futuras actuacións, quixo lembrar as continúas contradicións e a falta de solidez dos argumentos mantidos por esta plataforma ata o momento, así como insistir con total contundencia en que a sanidade mariñá non perderá ningún servizo e será xestionada desde Burela.

O PP puxo de relevo que acollendo o discurso de PSOE e BNG, a plataforma comezou case asegurando que o hospital pecharía, unha vez desmentido, que desaparecería a área sanitaria, cando esto se demostrou falso, afirmaron que se perderían servizos, cando esto se desmentiu, agora parecen insistir no negativo de crear unha xerencia única en Burela. Os populares volveron a insistir no explicado pola propia Conselleira de Sanidade nas declaracións efectuadas no Parlamento de Galicia -e que, foron facilitadas a todos os medios- nelas Pilar Farjas confirmou que o xerente de Burela terá a capacidade de xestión de todos os recursos humans, materiais e de infraestruturas e prestacións da súa área.*

* (Cita literal declaracións conselleria 12/05/2010)

MÁIS COMPETENCIAS

Os populares non comprenden como pode causar malestar ou alguén manifestarse contrariado cando o novo xerente da área sanitaria de Burela, lonxe de perder autonomía ou poder de decisión, vai a ter máis competencias, xa que incorporará xunto as actuais sobre o Hospital da Costa, as relativas aos centro de saúde que antes estaban a ser xestionadas desde Lugo.

Os populares tamén quixeron salientar que, a pesar das moitas iniciativas que prometeron impulsar PSOE e BNG ante os supostos ataques ao sistema público de saúde na Mariña, nunca trataron ningunha exclusiva sobre Burela no Parlamento conscientes da improcedencia das súas afirmacións. De feito, foi unha iniciativa impulsado polo propio PP, quen non só garantiu a continuidade da área sanitaria senón que ademais pediu novos servizos, un discurso totalmente contrario ao que afirman PSOE e BNG.

NON ALIMENTAR A CONFUSIÓN

O Partido Popular espera que se deixe de confundir cun asunto tan serio como é o que afecta á saúde das persoas, e insiste que os feitos demostran e demostrarán que a nova Xunta non só aposta polo Hospital da Costa senón que ademais traballará arreo para mellorar os servizos deste centro sanitario e do conxunto do sistema de saúde en Galicia e, nomeadamente na Mariña.

Por último os populares demandan que “non se compre o discurso de PSOE e BNG” porque simplemente pretenden facer política partidista e xerar alarma social, agochando que durante catro anos –os que eles estiveron no Goberno- en vez de mellorar deterioraron a sanidade pública.

Exit mobile version