Site icon Crónica3.com A Mariña

Afirma o PP de Foz que “cumpre os seus compromisos e dotará ao centro de saúde dunha ambulancia medicalizada”

Nota de Prensa

Os deputados do BNG no Parlamento de Galicia votaron repetidamente en  contra das melloras sanitarias neste concello e son cómplices da  xestión da anterior Consellería de Sanidade

O PP LÉMBRALLE AOS NACIONALISTAS QUE DURANTE TODA  A PASADA LEXISLATURA NEGARONLLE A FOZ O SERVIZO  DE URXENCIAS 24 HORAS

* Pola contra o PP cumpre os seus compromisos e dotará  ao centro de saúde dunha ambulancia medicalizada que garante a asistencia médica inmediata ante calquera incidencia

Foz, 11 de maio de 2010.- O Partido Popular, a través do seu portavoz, Pedro Fernández Manín, quere lembrar aos nacionalistas locais, que durante toda  a pasada lexislatura o BNG negoulle a Foz o  servizo de urxencias 24 horas que agora demandan. De feito, os deputados do BNG no Parlamento de Galicia votaron  repetidamente  en  contra  das iniciativas que o P.P presentaba solicitando que se cumpriran as melloras sanitarias que eles mesmos tiñan prometido por escrito a todos/as os veciños e veciñas de Foz polo que son cómplices do esquecemento e da mala xestión que protagonizou nos pasados catro anos a Consellería de Sanidade. O voceiro popular salienta que, curiosamente, durante todo este tempo, os nacionalistas locais que agora parecen indixestarse coa boa nova en materia sanitaria, gardaron silencio, e foron incapaces nin tan sequera de dotarlle a Foz desta ambulancia que si fará realidade o Partido Popular.

Fernández Manín quixo destacar que a nova ambulancia medicalizada garantirá a asistencia médica inmediata  ante calquera  incidencia. A mellor demostración da vontade positiva dos populares a  favor da cobertura das urxencias médicas é que grazas a Xunta popular, calquera que precise  da asistencia dun facultativo e dun enfermeiro poderá acceder a este servizo  grazas á UVI móbil, que ademais, en función da gravidade do doente, poderá asistilo tamén  durante o traslado ata o Hospital da Costa.

Os populares locais sinalaron tamén que sempre defenderan o que os veciños/as de Foz necesiten. Coma queda demostrado co investimento previsto para a posta en marcha deste servizo que ascende  a 900.000 euros e  inclúe as obras a realizar no centro para que a base permanente sexa no propio centro de  saúde. Ademais Foz formará parte do elenco de 10 cidades galegas que dispoñen deste servizo

Exit mobile version