RIBADEO (FNC) .- Francisco Iriarte tomou posesión do seu cargo como novo presidente de ACISA e do Centro Comercial Aberto de Ribadeo. Entre os seus obxectivos figuran “aumentar o número de socios nos próximos meses porque, por exemplo, sabemos dalgúns hostaleiros e taxistas que están interesados en formar parte da asociación. Hai un número importante de asociados, 150 no CCA e 25 en ACISA, e queremos incrementar aínda máis esa cifra. Pretendemos que todo Ribadeo sexa un colectivo”.
Iriarte e o seu equipo irán involucrándose aos poucos nas súas novas tarefas, na preparación das campañas que xa están consolidadas e nos novos proxectos que poidan xurdir. O novo presidente sinalou que “é a nosa intención axuntar campañas, queremos que todas sexan conxuntas de ACISA e CCA e que cheguen a todos os nosos asociados. O 2010 xa está planificado, co que os cambios empezarán a notarse de face ao próximo ano”.
O novo responsable de ACISA e do Centro Comercial Aberto de Ribadeo asegurou que “o financiamento está asegurada coas subvencións que temos e teremos que ver novas liñas ou vías de financiamento para os novos proxectos que queremos pór en marcha”.
Acompañan a Francisco Iriarte na xunta directiva Ramón Leivas, Roberto Rivas, Mar Torviso, Manuela Torviso, José Luís Botana e Manuel Sanjurjo.