Site icon Crónica3.com A Mariña

ABSA e confraría de Burela piden a Portos de Galicia que se amplíe o espigón entre o peirao comercial e o pesqueiro

BURELA .- Abelardo García e Basilio Otero, presidente de ABSA e patrón maior respectivamente, solicitaron o presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana Gallo, a “ampliación, nuns 25 metros, do espigón que divide o peirao para usos pesqueiros e comerciais e insistiron na reordenación da dársena interior” do porto de Burela.

Nota de Prensa

Á reunión de traballo asistiron o  presidente dos armadores  e o patrón maior de Burela

PORTOS DE GALICIA ESTUDARÁ AS PROPOSTAS SOLICITADAS POLOS ARMADORES  DE BURELA E CONFRARÍA DE PESCADORES

* A reordenación da dársena interior do porto de Burela, foi unha cuestión  á que Álvarez-Campana comprometeuse a deseñar unha solución que podería estar rematada a finais deste ano

* Os representantes dos usuarios sinalaron a necesidade de adecuar a zona de tránsito e aparcamentos nas inmediacións da lonxa

Santiago, 5 de maio de 2010.- Portos de Galicia estudará as propostas presentadas pola confraría de Pescadores e os Armadores de Burela (ABSA), segundo manifestou hoxe o presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, nunha xuntanza mantida na mañá de hoxe cos representantes duns dos maiores colectivos de usuarios deste porto.

Ademais doutras cuestións relacionadas coas actividades portuarias, Abelardo García e Basilio Otero, presidente de ABSA e patrón maior respectivamente, solicitaron a ampliación, nuns 25 metros, do espigón que divide o peirao para usos pesqueiros e comerciais. Neste  senso, o presidente de Portos comprometeuse a facer un estudo desta actuación.

Tamén insistiron na reordenación da dársena interior do porto de Burela, unha cuestión  á que Álvarez-Campana comprometeuse a deseñar unha solución que podería estar rematada a finais deste ano.

Finalmente e, noutro orden de cousas referidas ás instalacións portuarias en terra, os representantes dos usuarios sinalaron a necesidade de adecuar a zona de tránsito e aparcamentos nas inmediacións da lonxa, unha cuestión que tamén será tomada en conta.

Exit mobile version