Site icon Crónica3.com A Mariña

Aberto o prazo de inscrición para participar nos “domingos a pé” que organiza o concello de Ribadeo

RIBADEO (FNC) .- A Concellaría da Muller organiza de novo neste 2010 os Domingos a pé, unha iniciativa que deu comezo o ano pasado e que diante da súa boa acollida e da demanda se volta a poñer en marcha agora os días 6 e 27 de xuño.

Segundo explica a edil nacionalista, Mariluz Álvarez Lastra, “na primavera como unha alternativa de ocio queremos por en marcha este programa cunha dobre pretensión, por unha banda, posibilitar un tempo propio, un tempo de descanso e de ocio nas tardes dos domingos e por outra banda, aproveitar ese tempo para difundir e promover entre as mulleres o coñecemento da natureza e do patrimonio cultural e arquitectónico. Coñecer o patrimonio natural e cultural do entorno é fundamental para poder valorizar o noso, é dicir o patrimonio da comarca, do noso entorno, onde desenvolvemos as nosas vidas”.

Os Domingos a pé terán lugar o 6 e o 27 de maio. A primeira ruta que percorrerán as participantes será a do río Ouro e a segunda discorrerá entre Reinante e Os Castros. Ditas rutas faranse en colaboración coa asociación de sendeirismo Pena Talla e coa agrupación cultural Paco Lanza.

As interesadas poden anotarse chamando ao CIM ao telefono 982 120 739 ou enviando un e-mail a cim@ribadeo.org

Exit mobile version