Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta anúncialle a unha deputada do PP que se compromete en acelerar os trámites par declarar de interese cultural o castro de Fazouro

NOTA DE PRENSA:
En resposta a unha pregunta da deputada do PPdeG, o director xeral de Patrimonio confirmou tamén na Comisión parlamentaria de Cultura un investimento cercano aos 22.000 euros no de Zoñán, en Mondoñedo, no presente ano

A XUNTA ANÚNCIALLE A EMMA ÁLVAREZ CHAO O COMPROMISO DE ACELERAR OS TRÁMITES PARA INCOAR A DECLARACIÓN DO CASTRO DE FAZOURO, EN FOZ, COMO BEN DE INTERESE CULTURAL

Santiago, 6 de maio de 2010.- A Xunta de Galicia confirmoulle hoxe á deputada do Grupo Popular Emma Álvarez Chao o compromiso da Consellería de Cultura de acelerar os trámites para incoar a declaración do Castro de Fazouro, en Foz, como Ben de Interese Cultural. En resposta a unha pregunta da deputada do PPdeG, o director xeral de Patrimonio confirmou tamén na Comisión parlamentaria de Cultura un investimento cercano aos 22.000 euros no de Zoñán, en Mondoñedo, no presente ano. O dito investimento realizarase a través dun novo convenio e destinarase a traballos de limpeza, conservación e consolidación.

Emma Álvarez Chao interesouse, a través da súa pregunta á Xunta, pola situación dos castros catalogados na Mariña lucense, as actuacións que está a realizar o Goberno galego nos mesmos e as súas previsións en relación coa posta en marcha dalgún estudio para identificar o interese destas construccións castrexas.

Na resposta, o director xeral explicou que a Xunta levou a cabo traballos de prospección arqueolóxica de cara a incluír os xacementos no inventario de xacementos arqueolóxicos de Galicia. Nese inventario constan actualmente 118 castros identificados na Mariña de Lugo, entre os que se están a realizar actuacións de conservación e posta en valor no das Grobas, en Ribadeo; no da Roda, en Barreiros; no de O Campón, en Burela; e no da Atalaia, en Cervo; ademais dos mencionados de Fazouro e Zoñán.

Exit mobile version