A XUNTA AÍNDA NON REPAROU OS DANOS DAS RIADAS NO CONCELLO DE CERVO A PESAR DE PROMETER “DILIXENCIA E CELERIDADE”
ALFONSO VILLARES MÓSTRASE MAIS “PERMISIVO” COA TARDANZA DE FEIJÓO, AO CONTRARIO DO QUE PASOU CO KLAUS CANDO GOBERNABA TOURIÑO
CERVO, 11 DE MAIO. Os danos das riadas que o pasado mes de xaneiro afectaron á Mariña e especialmente con virulencia ao concello de Cervo seguen sen estar reparados, despois de case catro meses. A delegada territorial da Xunta de Galicia que acudiu o pasado mes de marzo a visitar as zoas afectadas, prometeu entón “celeridade e dilixencia” e comprometeuse a que no prazo de un mes, as obras de reparación estarían listas nos distintos concellos. Case dous meses despois, o 29 de abril volveu a repetir o mesmo e en todo este tempo as cousas seguen igual.
Espazos de gran valor paisaxístico
As zoas afectadas localízanse básicamente no entorno de Cervo e o Conxunto Histórico de Sargadelos; a Xunta ten que reconstruir a ponte do Muíño de Pernan, acondicionar o pavimento na ponte de Machuco e os seus accesos, substituír a varanda e recolocar os bancos na Fonte da Tella, entre outras obras menores. Estes lugares son uno dos espazos de maior atractivo turístico, histórico e patrimonial de Galicia e que a día de hoxe, despois de case catro meses presentan un aspecto desolador. Nin o Concello nin a Xunta ofreceron unha avaliación dos danos e do informe que os técnicos de Augas de Galicia iban a facer para evitar novas riadas, non se volceu a saber nada.
O alcalde xa non pide celeridad
Aínda que algunha das obras pendentes son infraestruturas esenciais para os veciños, que inciden na seguridade dos usuarios, e que polo tanto resulta preciso reparalas canto antes, o alcalde de cervo parece que xa non ten presa en demandar á Xunta que se acometan as reparacións de forma urxente. Preguntamonos que foi o que cambiou despois dun ano, para que as reclamacións e as urxencias do alcalde de Cervo vaian a un ritmo mais lento cando goberna o PP na Xunta.