A MARIÑA .- A Plataforma na Defensa da Sanidade Publica e Área Norte Sanitaria da Mariña celebra unha asemblea no salón de conferencias de Burela, o día 19 de maio, ás nove da noite. Trataran a definición de estratexias cara ao futuro.
Mañá mércores ás 21.00hrs. no Salón de Conferencias de Burela, está convocada unha Asemblea da Plataforma na Defensa da Sanidade Publica e Área Norte Sanitaria da Mariña. O éxito da mobilización celebrada fai uns días en Monforte cos mesmos motivos que nos levaron a constituír a Plataforma na Mariña, débenos servir de exemplo para a participación nesta asemblea que ten como fin a definición de estratexias cara ao futuro.
Por este motivo animámoste a que asistas, xa sexa a modo individual ou na representación de algún colectivo para o que achegamos a orde do día.
1.- BORRADOR XESTIÓN INTEGRADA DO SERGAS
2.- CAMPAÑA INFORMATIVA A TODA A POBOACIÓN (panfletos, pancarta e financiación de toda a información impresa)
3- MANIFESTACIÓN
4- ROGOS E PREGUNTAS