Site icon Crónica3.com A Mariña

A moción do PP sobre TDT pretende que se cubran as zonas de sombra

NOTA DE PRENSA:

O GPPP indica que a súa moción sobre a TDT pretende cubrir o vacío no que quedaron as zonas de sombra

* Os populares suliñan que o convenio suscrito entre o Goberno central e a Xunta bipartita en 2008 non contempla ningunha actuación específica para o territorio ó que non chega o sinal pola vía terrestre. Un problema que afecta ó redor dun milleiro de vivendas na provincia de Lugo

Lugo, a 7 de maio de 2010.- Non existe contradicción algunha entre a moción, plantexada polo grupo socialista e aprobada por unanimidade en febreiro, na que se instaba á Xunta de Galicia e ó Goberno do Estado a cumplir o convenio suscrito entre ambas administracións para a implantación da TDT e a proposta presentada polo Grupo provincial do Partido Popular que se refire exclusivamente ás zonas de sombra onde a recepción do sinal tense que facer vía satélite. Así o asegurou o voceiro adxunto dos populares na Deputación José María González Barcia.

Barcia insistiu en que na moción do pleno do pasado 23 de febreiro instábase á Xunta e ó Estado a cumprir o acordo suscrito a finais de 2008 para executar o plan nacional de transición á TDT, e que o grupo socialistas provincial argumentou a petición facendo fincapé en que o mantemento das instalacións precisas para elo gravarían en exceso ós concellos si finalmente eran eles os que se tiñan que facer cargo desta tarefa. “No trascurso do debate xa lle fixen constar o voceiro socialista, Antonio Gato, que probablemente voltaríamos a farar deste tema e non dentro de moito tempo”, indicou o voceiro adxunto do GPPP.

“O pronóstico cumpriuse”, engadiu, “porque xa advertín daquela que o convenio que firmaron a Xunta bipartita e o Ministerio de Industria non contemplaba ningún tipo de actuación ou axuda para a instalación de conexións satélite naquelas zonas de sombra ás que non chegaba á TDT vía terrestre e agora teño que dicirlle, ademais, que a Xunta cumpliu escrupulosamente o que lle correspondía no mencionado acordo e que agora está centrada en mellorar o sinal nas zonas que presentan deficiencias”.

Gónzález Barcia suliña que a moción presentado polo GPPP tenta cubrir ese vacío e, “como xa advertín en febreiro”, na provincia de Lugo existen ó redor dun milleiro de casos nestas circunstancias e subsanalos costaralle ós afectados unha media de 300 euros por vivienda.

O deputado provincial popular di non entender a razón pola que agora a Deputación se rasga as vestiduras e parece amosarse contraria a axudar económicamente ós veciños desta provincia que teñen este problema cando normalmente aposta pola implantación das novas tecnoloxías.

Exit mobile version