Malia que Zapatero e todo o seu Gabinete se esforza por facernos crer que pagarán o custe da crise “os que máis teñen” a realidade é moi diferente e amosa que, unha vez mais o mandatario socialista nos está a mentir, como cando negou a existencia da crise e falou de brotes verdes. Por moito que se esforce o PSOE en ocultalo a suba de impostos fai que os que menos teñen sexan os que paguen as consecuencias da crise e da súa incompetencia.
Pero o certo é que Zapatero xa subiu os impostos. Así o fixo cando incrementou a carga fiscal da gasolina, dos combustibles, da luz, do teléfono ou do tabaco. E o seguirá a facer de non dar marcha atrás na pretendida suba do IVE, pola que todo estará máis caro, será máis complicado para moitas familias chegar a fin de mes, se prexudicará á competitividade das nosas empresas, se desanimará a compra no comercio local e asfixiará ao sector turístico da Mariña.
Zapatero puido apostar por copiar as receitas que Feijóo aplicou en Galicia para loitar contra a crise e o déficit, e puido reducir, por tanto, os gastos da Administración pública e da Administración paralela pero, pola contra, apostou por un modelo económico segundo o cal son os cidadáns os que teñen que solucionar os problemas do Goberno, e non ao revés.
O Executivo antisocial de Zapatero merece o noso máximo rexeitamento, tamén na Mariña, algo que o Partido Popular promoverá desde os distintos concellos. Zapatero perdeu toda a credibilidade. Pero tamén aquí cómpre subliñar a responsabilidade de todo o PSOE, cómplice necesario destas medidas co seu silencio, e do BNG, que malia que agora quere facernos crer o contrario, non so propiciou que fora posible a investidura de Zapatero, senón que deu pé a que se aprobaran ou apoiou directamente durante anos os orzamentos xerais do Estado, as bases da política económica dun Goberno -o socialista- cuxos erros hoxe sufrimos todos e, de xeito especial, os veciños da Mariña lucense.