NOTA DE PRENSA
NON HABILITAR O CENTRO DE INFANTIL ANEXO AO RIVERA CASÁS PARA UNHA GARDERÍA E DESAPROVEITAR RECURSOS SÓ POR AMOLAR
A Gardería en Cervo sería unha realidade o próximo curso si se aproveitara esta infraestrutura e houbera vontade política do PP no concello e na Xunta
Ao alcalde non lle interesa a optimizacón dos recursos e dedícase a facer propostas para a galería sen contar co apoio necesario doutras administracións
Cervo 15 de maio de 2010. O BNG consideraría positiva a proposta da alcaldía de solicitar a cesión de locais da Casa do Mar de San Cibrao si estas fosen para uso das asociacións do concello, mais mostrou o seu desacordo coas intencións do goberno local de dedicar os baixos do edificio ao Punto de Atención Infantil. Con esta proposta recoñécese dende a alcaldía a necesidade de ubicar estas instalacións nun lugar mais idóneo que os locais da Urbanización da Atalaia onde actualmente están, algo que víñamos reclamando dende fai tempo, mais poñen en evidencia a falla de criterio do goberno local que prefire malgastar recursos públicos coa demolición dunha infraestrura xa lista e adaptada para este fin a dar a razón ao BNG que defende a optimización de recursos poñendo en marcha unha gardería municipal no edificio de infantil anexo ao Rivera Casas que o alcalde prefire demoler.
Os nacionalistas apoiarían a solicitude de cesión de lacais da Casa do Mar si estes foran dedicados a uso das asociacións con actividade no concello.
O portavoz municipal nacionalista, Xoán Estúa, considerou interesante a cesión dos locais da Casa do Mar de San Cibrao “sempre e cando quede calro que estes se vaian a dedicar a locais de reunións e actividades das asociacións con actividade no concelo de Cervo”, para Estúa “pretender a cesión destes locais para o PAI cando precisan obras de remodelación e xa existe outra ubicación perfectamente adaptada como o edificio anexo ao Rivera Casas que xa foi utilizado como centro de infantil, e desaproveitar os recursos existentes e malgastar diñeiro público innecesariamente”
O portavoz nacionalista cualificou de “arroutada” a proposta do alcalde que se fixo pública despois de que o BNG propuxera o que foi centro de infantil do Rivera Casas para unha gardería municipal, polo que considerou que o goberno local “nin ten iniciativa, nin responde ás espectativas dos veciños que lles deron a responsabilidade de gobernar”. Estúa manifestou que “non e tempo de malgastar o diñeiro, senón de aproveitar os recursos e facelo coa maior eficiencia posíbel”
Para os nacionalistas a posta en marcha dunha gardería infantil no concello de Cervo podería ser unha realidade no próximo curso si si se aproveitasen estas instalacións e “existise verdadeira vontade política do PP tanto no goberno municipal como na Xunta de Galiza”