A MARIÑA .- Diante do anuncio feito polo goberno español, de levar a cabo medidas antisociais e de recorte dun cinco por cen de media aos salarios das empregadas e empregados públicos, A federación de Administración Pública da CIG chama á mobilización.
Nota de Prensa
A Federación de Administración Pública chama á mobilización contra as medidas inxustas e antisociais anunciadas polo goberno
Diante do anuncio feito polo goberno español, de levar a cabo medidas antisociais e de recorte dun 5% de media os salarios das empregadas/os públicos, chamamos á mobilización.
Estamos nunha profunda crise económica (certo), porén os empregados públicos non somos os culpábeis da crise –senón unhas vítimas máis dela.
Pidese o noso sacrificio para pagar pensións, prestacións ou subsidios?. Non!, é para restaurar o sistema económico ao estado anterior a crise, escenario no que uns cantos facían grandes negocios e o 50% dos traballadores e traballadoras das Administracións apenas acadaban salarios de mil euros.
Situamonos diante do anuncio dun axuste duro que vai tomar a forma de reforma laboral antisocial e que fará imposible a negociación colectiva nos diferentes sectores da actividade económica se non é á baixa.
O goberno, con este tipo de políticas difunde a mensaxe de que os empregados públicos somos culpábeis. Non se toca a política fiscal regresiva que se estivo a ordenar durante os anos de ‘bonanza’, increméntase o IVE pero mantense a rebaixa do imposto de sociedades, a supresión do imposto do patrimonio, as axudas e avais á banca, as axudas sen control a empresas privadas… E se alguén di que non se desbotan esas medidas para o futuro inmediatamente se desminte e se da seguridade de que iso non está enriba da mesa.
Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen. Recortan os nosos salarios, as pensións, o gasto social en programas como os de dependencia pero non tocan a aqueles que estiveron na orixe da crise.