Site icon Crónica3.com A Mariña

A exposición itinerante sobre a industria do ferro chega a Xove

A exposición itinerante, realizada pola Asociación Mariñapatrimonio, sobre a industria do ferro chega a XOVE onde vai estar aberta no Centro Cívico deste concello até o día 31de maio. A mostra, que leva por título “ A industria do ferro no norte de Lugo e no occidente astur”, recolle a orixe e a evolución histórica do traballo do ferro nesta zona, os lugares de extracción e traballo ( explotacións mineiras, ferrarías, mazos e forxas), a elaboración de obxectos de corte e tres lugares sobranceiros na dedicación á manufactura de obxectos de ferro: A Pontenova, Riotorto e Taramundi. A exposición estará aberta aos visitantes de 18 a 21 horas no Centro Cívico do Concello de Xove.

Exit mobile version