Site icon Crónica3.com A Mariña

A ex-conselleira de Vivenda participará unha charla do BNG sobre as repercusións do POL en Barreiros

NOTA DE PRENSA (FNC)

TERESA TÁBOAS, EX CONSELLEIRA DE VIVENDA E PARLAMENTARIA AUTONÓMICA, PARTICIPARÁ NUN ACTO MAÑÁ XOVES POLA NOITE EN BARREIROS NO QUE SE ANALIZARÁN AS REPERCUSIÓNS QUE O POL TERÁ NO CONCELLO.

Barreiros, 12 de maio de 2010. O BNG explicará, nun acto previsto para mañá ás 21 horas no Telecuble, as repercusións que o Plan de Ordenación do Litoral terá sobre Barreiros. Os nacionalistas consideran que “non deixa de ser curioso que o PP levase adiante toda unha campaña de insidias afirmando que o bipartito pretendía prohibir a edificación por debaixo dos 500 metros, algo que era absolutamente falso, e que agora sexan eles xa non só os que prohiben construir na mesma franxa senón que elevan a prohibición por enriba dos 500m. como por exemplo no caso de Barreiros, onde fixan 972 hectáreas por enriba dos 500 metros”.

Desde o BNG de Barreiros consideran que “o Plan de Ordenación do Litoral condicionará o futuro PXOM de Barreiros. Entendemos que o PP quere aprobar este POL coa máxima celeridade e a mínima información e participación de veciños e colectivos. E consideramos que este POL, como instrumento de ordenación urbanística que é, tería que ser concebido como un proxecto colectivo

que garanta a participación dos particulares”.

Os nacionalistas cren que “os veciños deben coñecer como lles afectan as áreas de protección (onde non está permitido ningún uso residencial), as áreas de mellora ambiental (onde non se permiten usos residenciais agás excepcións) e

as áreas de ordenación (onde os usos se van a determinar a través doPXOM)”.

No acto previsto para mañá xoves ás nove da noite en Barreiros participarán: Belén Fernández Soto, responsable local do BNG; Antonio Veiga, portavoz do BNG no Concello de Barreiros e deputado provincial e Teresa Táboas, parlamentaria do BNG e ex conselleira de Vivenda.

Exit mobile version