Site icon Crónica3.com A Mariña

A Escola de Ximnasia Rítmica de Xove prepara os campionatos escolares galegos de Ourense

XOVE .- O pasado 24 de abril a Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Xove desprazouse a Guitiriz co fin de participar na Fase Provincial Escolar de Ximnasia Rítmica de Lugo. A esta importante cita deportiva a Escola Municipal presentou dous equipos, o benxamín e o infantil, obtendo un excelente resultado. Os dous equipos clasificáronse para Fase Final, ou sexa, para o Campionato Escolar Galego, que con toda probabilidade se vai desenvolver en Ourense, posiblemente o vindeiro 22 de maio. Nesta cita de Guitiriz o equipo benxamín quedou en terceira posición, ocupando o infantil a segunda, practicamente coa mesma puntuación que o equipo gañador de Guitiriz.

Para esta transcendental cita a nivel galego, os nosos equipos, dirixidos pola Profesora Ana María Iglesias, acompañado pola súa axudante Vanesa Recio, están traballando duro para que a participación nos galegos sexa o máis satisfactoria posible.

Seguindo con resultados competitivos do noso equipo de rítmica, dicir que este pasado fin de semana, concretamente o 8 de maio, participamos no Torneo Terra Cha de Rábade, xunto cos equipos de Vilalba, Outeiro de Rei, Lugo, Gutiriz e Rábade. Os resultados obtidos pola nosa Escola, foron:

Categoría benxamín conxuntos – modalidade “mans libres”: 2º clasificados.

Categoría infantil conxuntos – modalidade “pelotas”: 3º clasificados.

Categoría infantil individual – modalidade “aro”: Noela Bouza 3ª clasificada.

Categoría xuvenil conxuntos – modalidade “aros”: 3º clasificados.

Para rematar, o noso conxunto cadete, xunto coa individual infantil Noela Bouza, vai participar o vindeiro sábado 15 de maio no campionato de promoción que se vai celebrar en Ribadeo.

Exit mobile version