Site icon Crónica3.com A Mariña

A responsable da Xunta de Galicia na provincia de Lugo visitou Barreiros e anunciou obras nun colexio

BARREIROS .- A delegada territorial da Xunta de Galicia na provincia de Lugo, Raquel Arias, visitou o concello de Barreiros e revisou as instalacións do CEIP San Miguel de Reinante no que, indicou “no mes de xuño se realizarán obras para reformar a cociña, acondicionar un parque infantil e instalar unha pasarela cuberta que unirá dous edificios do complexo”

Nota de Prensa

RAQUEL ARIAS COMPROMETE O APOIO DE EDUCACIÓN PARA A MELLORA DAS INSTALACIÓNS DO CEIP DE SAN MIGUEL DE REINANTE

* A delegada territorial realizou unha visita ao centro no que, segundo indicou, no mes de xuño se realizarán obras para reformar a cociña, acondicionar un parque infantil e instalar unha pasarela cuberta que unirá dous edificios do complexo
* A representante do Executivo galego subliñou o apoio da Xunta a un municipio no que están en marcha traballos para ampliar as prazas de albergue durante o verán e está preto de formalizarse a dotación interior do centro de día

Barreiros, 11 de maio de 2010.- A delegada territorial da Xunta de Galicia, Raquel Arias, realizou hoxe unha visita institucional ao concello de Barreiros no marco da cal mantivo unha reunión co alcalde da localidade, Alfonso Fuente Parga, e revisou as instalacións do CEIP San Miguel de Reinante.

Durante a visita ao colexio, Arias anunciou que a Consellería de Educación levará a cabo no mesmo “ao longo das próximas semanas” unha serie de actuacións. “Os traballos previstos están orientados a mellorar as dotacións do centro de ensino en aras a facilitar unhas instalacións que permitan optimizar as posibilidades de desenvolvemento do proceso lectivo”.

Segundo explicou a representante do Goberno autonómico, os traballos está previsto que estean en marcho ao longo do mes de xuño. “No paquete de actuacións que se van a levar a cabo englóbanse: acondicionamento dun parque infantil na zona do patio do recreo, a remodelación no chan da cociña, a construción dunha pasarela cuberta entre os dous edificios principais do centro, a instalación dunha porta corredeira para pechar o porche do edificio novo e os recubrimentos no polideportivo para evitar riscos de accidentes”, expuxo.

A delegada territorial indicou que os traballos estímase que estarán rematados “ao inicio do verán”, co que, tanto os alumnos como os profesionais que prestan servizo no centro poderán disfrutar das melloras ao comezo do próximo curso escolar. Do mesmo xeito, no CEIP de San Cosme de Barreiros, Educación dotou esta mesma semana a instalación de mobiliario adaptado para facilitar a actuación de alumnado con dificultades de mobilidade.

Arias mantivo unha reunión co rexedor da localidade mariñana antes da acudir ao CEIP San Miguel de Reinante. No encontro, ambos abordaron temas da actualidade de Barreiros, onde o Executivo galego está a apoiar distintas actuacións como o acondicionamento do refuxio de Gondán e a reforma dun antigo edificio escolar na parroquia de San Xusto para ampliar as prazas de albergue, o convenio para dispoñer a dotación interior do centro de día, que contará con 25 prazas, ou a realización –xa en marcha- dun programa de compostaxe doméstica.

As tres primeiras iniciativas estarán dispostas ao longo do verán, facilitando que “por unha banda, Barreiros case duplique a súa oferta actual en prazas de albergue para os meses de verán e, por outro lado, que os maiores da localidade poidan por fin disfrutar dunhas instalacións modernas orientadas ao seu ocio e ao lecer”, segundo indicou a delegada territorial.

O investimento da Administración galega nestes proxectos ronda os 200.000 euros, unha colaboración que, segundo a representante da Xunta, é unha proba “do apoio constante aos municipios pequenos que realiza este goberno”.

Exit mobile version