LOURENZÁ .- A delegación de Medio Rural do concello de Lourenzá comezou a pasada semana comezou o reparto de compostadores aos inscritos no proxecto de compostaxe domestico co fin realizar a transformación da materia orgánica en compost. Participan neste proxecto varias empresas e o colexio de educación infantil e primaria
NOTA DE PRENSA
Delegación de Medio Ambiente
Transformación da materia orgánica en compost, un fertilizante natural con excelentes propiedades para o chan.
O PROXECTO DE COMPOSTAXE DOMESTICO INSTAURADO NO CONCELLO CHEGA AOS CIDADÁNS MÁIS CATIVOS, AOS COMERCIANTES E EMPRESARIOS DE LOURENZÁ.
* Durante a pasada semana e durante a presente farase a entregada dos compostadores aos inscritos no Proxecto de compostaxe domestico.
* En colaboración con SOGAMA organizase unha excursión a prante de Cerceda destinada para os participantes neste proxecto así como para outros veciños que teñan interese.
Lourenzá, 31 de maio do 2010.- Dende a Delegación de Médio Rural do Concello de Lourenzá agradecen o interese mostrado entre os seus veciños para participar no Proxecto de compostaxe domestico instaurado no concello en colaboración côa Sociedade Galega de Médio Ambiente, SOGAMA, e principalmente a acollida que este proxecto tivo no CEIP Juan Rey, que, coa colocacción de dous composteiros acercarán aos mais cativos o interese póla transformación de resíduos orgánicos en compost, en definitiva o interese por hábitos que axuden a conservar o médio ambiente mais san.
Así mesmo a instalación dun composteiro na empresa Muebles Hermida I, S.A. vai permitir que este proxecto chegue a todo-los seus empregados dando a coñecer hábitos que contribuien a acadar un médio ambiente sostible. A entrega deste compostador fixoa a Concelleira de Médio Ambiente xunto co técnico de emprego do Concello o venres pasado nas instalacións da empresa.
Participan ademáis neste proxecto: Bar Cabaleiros, Bar O Recanto, Pastelería Cabaleiros, Restaurante La Unión, Viveros Cabaleiros, Fabas O Pontigo, Legumes Francisca, Manualidades Edra e Casa Perris.
Informar tamén que se está a organizar un viaxe gratuíto a pranta de SOGAMA en Cerceda para os participantes no proxecto así como de todo-los veciños interesados para o vindeiro xoves día 3 con saída as 15 horas da Praza do Concello. Aínda quedan prazas, en caso de esgotarse terán preferencia os anotados no proxecto por orde de solicitude.