A concelleira nacionalista contou que “dentro dos talleres que desde a Delegación de Benestar Social ofrecemos aos nosos maiores e que se levan desenvolvendo desde o pasado mes de abril, como son o de memoria, ximnasia preventiva, coidados para persoas encamadas, envellecemento saudable… hoxe ás 11 da mañá na residencia de maiores tivo lugar a primeira das actividades temáticas de envellecemento saudable”. Cando engadiu que “consiste en achegar as novas tecnoloxías ás persoas maiores para así crear unha maior accesibilidade á comunicación e ao intercambio de información neste novo mundo da tecnoloxía. En concreto hoxe abordóuse o tema da teleasistencia e os dispositivos móviles que fan posible unha maior calidade de vida para as nosas persoas maiores”.