Site icon Crónica3.com A Mariña

A débeda viva do concello de Cervo incrementouse no 2009 con respecto ao 2008 nun 31%, explica o PSOE

Nota de Prensa

A DEUDA VIVA DO CONCELLO DE CERVO INCREMÉNTASE UN 32%, PESE Á XESTIÓN “EXEMPLAR DO PP”
LAMENTAMOS QUE O PP CRITIQUE A PROPOSTA DE REDUCCIÓN DE SALARIOS E ASIGNACIÓNS POLÍTICAS EN LUGAR DE CHAMARNOS E CONCRETAR AS MEDIDAS

CERVO, 17 DE MAIO. Mentres a concelleira de facenda, Consolación Gallego sigue alardeando do moito que baixou a deuda no concello de Cervo e a xestión exemplar do mesmo, os datos facilitados polo ministerio de economía e facenda apuntan todo o contrario. Así, a deuda viva do concello de Cervo incremetouse no 2009 con respecto ao 2008 nun 31%, pasando de 2.035 a 2.686 (Datos en miles de euros).
O PP, un nefasto xestor
Consolación Gallego, segue a estela de Alfonso Villares, o seu  predecesor en asuntos de facenda no concello, pero ademais, ten a desfachatez de dicir que a xestión económica do concello é “exemplar”, cando o concello de Cervo e un dos mais endebedados da provincia de Lugo a pesar de ter menos de 5.000 habitantes e haber recibido cantidades inxentes de diñeiro por licenzas urbanísticas e convenios millonarios. Por iso, sorprenden aínda mais que un dos dirixentes do PP na provincia que forma parte do equipo de goberno de Cervo, coma o Sr. Balseiro Orol, critique ao goberno central polo mesmo que él fai no seu concello, coa distinción de que neste caso, o concello non reparteu os “beneficios” urbanísticos cos veciños. O endebedamento do concello de Cervo débese en parte ao endeudamento dos últimos anos necesario para cubrir o déficit do presuposto.
Comparacións absurdas
Resulta lamentable que ante a petición do GMS solicitando unha reducción de salario do alcalde e asignacións dos grupos políticos (que nos inclúen tamén a nós), a resposta do equipo de goberno sexa contestar “y tú mais” en referencia ao salario de Lara Méndez na Deputación e por suposto sen facer alusión ao salario do Sr. Balseiro Orol no parlamento de Galicia. É chocante que critiquen o que dende o goberno central e o seu mesmo grupo político estase a pedir, poñendo exemplos absurdos e fora de contexto.
Non pedimos que o alcalde de Cervo recoñeza os seus errores, pero sí que haxa unha chamada ao resto de grupos políticos para poñer solucións entre todos, algo que ata de agora é imposible pola falla de voluntade política.

Exit mobile version