Site icon Crónica3.com A Mariña

A concurso público a adxudicación da xestión da cafetería do monte Castelo en Burela

O Concello de Burela convoca concurso público para adxudicar a xestión da cafetería no Monte Castelo. As bases saíron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. O alcalde, Alfredo Llano, sinalou que “Os interesados teñen de prazo ata o 24 de maio para presentar as súas ofertas. Era algo moi demandado porque lle da valor ao Monte Castelo”.

Exit mobile version