Site icon Crónica3.com A Mariña

A concelleira do Mar asegura que os hostaleiros de Burela valoran o esforzo realizado pola súa concellaría

BURELA .- A concelleira do Mar, Remedios López Villar, fai unha valoración moi positiva das xornadas gastronómicas da merluza do pincho de Burela que se celebraron esta fin de semana.

A edil socialista sinalou que “aproveitamos o tirón das festas para promocionar Burela, é unha gran ocasión para probar a calidade dun produto que é una das estrelas da flota pesqueira da localidade, e que axuda a levar o nome da nosa vila por toda España”. Remedios López suliñou que “todos os hostaleiros consultados creen que se trata dunha boa iniciativa e valoran o esforzo e o traballo ben feito que se ven a realizar dende a Concellaría do Mar, intentando levar clientela extra aos seus establecementos e que ao mesmo tempo fan de escaparate da merluza do picho dos barcos bureleses”.

A concelleira do Mar lembrou que “ademáis repartiuse de forma gratuíta en La Voz de Galicia, na edición da Mariña, o libro Os sabores do noso mar adicado á merluza do pincho de Burela que tivo moi boa aceptación na poboación. Foron 4.000 exemplares os que se distribuiron por todas as librerías mariñanas”.

Remedios López manifestou que” no Concello de Burela intentamos apoiar ao noso comercio, aínda que este sexa un ano difícil para todos, con poucos ingresos nos Concellos seguimos impulsando Burela, porque a merluza meréceo”.

Exit mobile version