Carla Méndez e Noelia Gómez, as gañadoras do concurso, fixeron protagonista na súa obra o lobo e o monte, dous dos elementos recorrentes na obra do poeta do Courel, Uxío Novoneyra.
O panen et circenses do poeta romano Xuvenal, transfórmase en Pan e Letras na idea de resaltar a importancia de que o alimento para o corpo –o pan- debe ir acompañado do alimento para o espírito –a cultura-. Desde a Concellaría de Cultura explican que “con esta idea, e por terceiro ano consecutivo, as persoas que o luns 17 de maio merquen un libro, un xornal ou unha peza de pan en Ribadeo serán agasallados cun cartón deseñado polas dúas alumnas do IES Porta da Auga, gañadoras do concurso organizado polo Concello”.
Acompaña a imaxe un texto do libro de Antón Lopo A distancia do lobo, unha biografía inusual xa que achégase á figura de Uxío Novoneyra desde a primeira persoa narrativa. Resalta o carácter de íntima comunión coa paisaxe, de fondo compromiso co noso idioma unido a unha renovación da linguaxe literaria.