A Comisión Focega en Defensa da Sanidade Pública quere facer o seguinte comunicado:
* Esta Comisión valora positivamente o anuncio de dotar á comarca dunha ambulancia medicalizada e que terá a súa base en Foz. Esperamos e desexamos que está promesa se leve a cabo canto antes.
* O anuncio da ambulancia medicalizada non é alleo a reclamación que esta Comisión e os Veciños de Foz están a facer dun servizo de urxencias médicas as 24 horas para o Centro de Saúde de Foz. Mais ben todo o contrario, esta e outras melloras están intimamente relacionadas coas xustas e constantes reclamacións dos veciños de Foz.
* Nese sentido, seguimos animando aos nosos veciños e veciñas a que sigan asistindo as concentracións e demais actos convocados por esta Comisión, porque o esforzo de todas as persoas que participaron e participan nelas foi o que obrigou aos distintos gobernos da Xunta a mover ficha e a poñer melloras sobre a mesa. Esta é a realidade, digan o que digan os que só saben criticar aos que traballan, en vez de unirse a eles para facer mas forza.
* O anuncio da devandita ambulancia non varía para nada a nosa posición de seguir a reclamar as urxencias 24 horas para o Centro de Saúde de Foz. E non varia a nosa posición por os motivos seguintes:
* A mencionada ambulancia deberá desprazarse e acudir alí onde sexa requerida en virtude das circunstancias. Como non podería ser doutra maneira. Non está pois, ó servizo das urxencias médicas de Foz.
* Esta ambulancia non está para tratar as urxencias médicas habituais que se solen atender nun Centro de Saúde. Está para atender casos de especial gravidade en toda a nosa Comarca.
* Foz e ó único concello de Galicia que tendo 10.000 habitantes non ten servizo de urxencias.
* Foz e a comarca, na época estival, ven aumentada considerablemente a súa poboación.
* O PAC de Burela está masificado, e tanto o número de pacientes que atende como o tempo de espera para ser tratado, superan con moito os doutros PACs.
* Todos os grupos que compoñen o Parlamento de Galicia, nun momento ou outro, se comprometeron a resolver este problema. Mesmo presentaron no Parlamento mocións neste sentido.
Por todo iso, e porque é de xustiza, a Comisión Focega continua a reclamar un servizo de urxencias médicas 24 horas para o Centro de Saúde de Foz.