A Confederación Intersindical Galega (C.I.G.) vai impartir un Curso Básico de Prevención de Riscos Laborais de 55 horas de duración dirixido tanto a traballadores e traballadoras en activo como desempregados e desempregadas. O curso está homologado pola Consellaría de Traballo e é gratuíto, iniciase o luns dia 24 de maio durante e remata o o 30 de xuño. Todos aqueles traballadores e traballadoras que desexen facer o curso deben pasarse polos locais da C.I.G. de Burela ou Viveiro ou chamar ós telefones Nº 982 581 861 / 982 561 541. O prazo de inscrición péchase o mércores 19 de maio. A través deste curso adquírense os coñecementos básicos en materia de P.R.L. e cúmprese un dos requisitos necesarios para poder exercer nas súas empresas coma Delegados/as de Prevención.