Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación A Sombriza de Cervo convoca un concurso de narración polo Día das Letras

CERVO .- A asociación cultural A Sombriza convoca o “I Certame de narración” con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, “cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara, sobre o tema que se propón a continuación: Camiño de Santiago”

Nota e Prensa

I CERTAME DE NARRACIÓN

Letras Galegas 2010

A Asociación Cultural A Sombriza convoca o I CERTAME DE NARRACIÓN con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, de acordo coas seguintes bases:

1.- As narracións deberán estar escritas en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara, sobre o tema que se propón a continuación: CAMIÑO DE SANTIAGO

2.- Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, acompañando cada un deles cun sobre pechado onde figuren os seus datos persoais e un teléfono de contacto.

3.- Establécense catro categorías:

1. Ata 8 anos
2. De 9 a 12 anos
3. De 13 a 16 anos
4. Maiores de 16 anos

4.- O prazo de presentación dos traballos rematará o venres 28 de maio, debendo ser remitidos á seguinte dirección: Asociación Cultural A Sombriza. Barrio Corral Grande, 2 – 27888 Trasbar – Cervo.

5.- O xurado, formado por membros da xunta directiva da Asociación Cultural A Sombriza, seleccionará un traballo gañador por cada categoría.

6.- O fallo do xurado farase público o 31 de maio de 2010.

7.- Os autores premiados recibirán como un lote de libros escritos en galego, adecuados á súa categoría.

Exit mobile version