RIBADEO .- A asociación Mariñapatrimonio organiza, o domingo día 23, unha visita guiada á ribeira de “Rinlo e ao mar das cetáreas”; o paseo estará guiado por Carlota Eiros García e dará comezo ás 11 da mañá na antiga Escola de Rinlo
Nota de Prensa
A ARQUITECTA CARLOTA EIROS GUIARÁ A VISITA A RINLO E AO MAR DAS CETÁREAS
O domingo día 23 a asociación Mariñapatrimonio organiza unha visita guiada á ribeira de Rinlo e ao mar das cetáreas. Este paseo estará guiado por Carlota Eiros García e dará comenzo ás 11 da mañá na antiga Escola de Rinlo.
Carlota Eiros é arquitecta e cursou estudos nas universidades de Barcelona e A Coruña. De 1989 a 1996 residiu en Inglaterra, onde se especializou en Restauración histórica na Oxford Brookes University. En 1998 publicou A Casa Grande do Século XIX. No 2000 concluíu o Rexistro e Catalogación das Casas Grandes da Terra Cha. Unha das súas obras como arquitecta foi incluída entre as 25 mellores casas modernas de Galiza descritas en 25 Galician Houses (Ed. Espontáneas, 2005). Actualmente anda a traballar na restauración arqueolóxica do barrio de orixe medieval da Ribeira de Rinlo (Ribadeo).
A actividade que convoca Mariñapatrimonio ten carácter público e gratuito, mais é conveniente terse inscrito previamente. Para iso a asociación pon á disposición das persoas interesadas o seguinte enderezo: mr.patrimonio@gmail.com