Site icon Crónica3.com A Mariña

Xa podería ser a alcaldía tan escrupulosa como a Xunta á hora de adxudicar obras, aseguran desde o PP de Foz

Nota de Prensa

Mentres que para facerse coa obra da rede de abastecemento de Foz participaron 58 empresas distintas, a Alcaldía abusa dun trámite moito máis restrinxido polo que se invita a un número moi reducido de empresas.

O PP RESPOSTA A GARCÍA RIVERA QUE XA PODERÍA SER A ALCALDÍA TAN ESCRUPULOSA COMO A XUNTA Á HORA DE ADXUDICAR OBRAS MUNICIPAIS

* Os populares pensan que o que de verdade lle molesta ao rexedor socialista é que teña que ser a Xunta do PP de Galicia a que leve adiante as obras de mellora da rede de abastecemento de auga que o bipartito foi incapaz de executar.

Foz, 29 de abril de 2010.- O Partido Popular de Foz, a través do seu portavoz, Pedro Fernández Manín, respondeulle a José María García Rivera que xa podería ser a Alcaldía tan escrupulosa como a Xunta á hora de adxudicar as obras municipais.

Os populares recordaron que mentres que para facerse coa obra da rede de abastecemento de Foz, adxudicada provisionalmente pola Xunta, participaron 58 empresas distintas, o Goberno municipal socialista abusa do procedemento máis restrinxido dos previstos para a contratación pública, e polo que se invita a un número moi reducido de empresas a puxar polas obras municipais de tal xeito que, case sempre, resultan favorecidas ás mesmas.

Os populares non aceptan lección algunha dos socialistas, sobre todo tendo en conta o paradóxico de que escoitar a un alcalde que critica cando outros empregan un procedemento moito máis garantista, con plena publicidade e participación igualitaria de todas as empresas, mentres que na súa casa, no Concello de Foz, aplica outro moito máis restrinxido.

Tamén lle recordan a José María García Rivera, que precisamente o Concello de Foz está baixo a lupa polas contratacións que efectúa, despois de ter detectado irregularidades tales como as de favorecer presuntamente a unha empresa vinculada coa familia dun edil do seu equipo de Goberno, según consta en informes de intervención do propio Concello de Foz, cuxa relevancia aínda está pendente de ser informada pola Secretaría Municipal a petición do PP.

Por outra banda o Partido Popular de Foz, alegrase de que nestes intres o Concello de Foz teña técnicos para propoñer e vexilar as obras que contrate a Xunta do P.P. e non os tivera para facer os proxectos do Plan E, o control e certificacións da realización dos mesmos, certificacións que o P.P. de Foz ten solicitado fai bastante tempo as que no tivo resposta. Non sabemos ¿ porqué?

“O que de verdade lle molesta ao Alcalde socialista, e por eso pretende desviar a atención, é que teña que ser a Xunta do Partido Popular a que faga realidade as obras de mellora da rede de abastecemento de auga, despois de catro anos nos que, a pesar de ter un Goberno da súa mesma cor política, non foron quen de levalas adiante”.Concluíu Pedro dicindo que o Sr. Alcalde debe de Gobernar Foz, e controlar o seu concello é si algo ve raro xa sabe que ten que facer, porque isto é, o que contesta aos demais cando as cousas non lle van o xeito.

Exit mobile version