Site icon Crónica3.com A Mariña

Veciños de Riotorto aprenderán técnicas de elaboración de ferramentas de ferro

RIOTORTO .- O alcalde de Riotorto Federico Gutiérrez Estoa anunciou que se acababa de poñer en marcha o Plan Estratéxico do Ferro 2010-2015, que conta cun investimento de máis de 190.000 euros para o primeiro ano, o que vai facer posíbel, ademais da organización da feira, poñer en marcha un obradoiro de emprego para que 12 veciños aprendan as técnicas de elaboración da ferramenta de ferro. Gutiérrez Estoa participou na IV Feira da Artesana do Ferro en Riotorto que inaugurou O deputado da Área de Cultura da Deputación de Lugo, Antonio Veiga.

Nota de Prensa

ANTONIO VEIGA INAUGUROU HOXE A IV FEIRA DA ARTESANA DO FERRO EN RIOTORTO

O DELEGADO DE CULTURA DA DEPUTACIN XUNTO AO ALCALDE DE RIOTORTO, FEDERICO
GUTIRREZ ESTOA, ABRIRON OFICIALMENTE A IV EDICIN DA FEIRA ADICADA  TRADICIÓN
FERREIRA DO CONCELLO, QUE CADA ANO GAA UNHA MAIOR REPERCUSIN

A NACIONALISTA ANTONIO VEIGA DESTACOU A IMPORTANCIA SOCIO-ECONMICA QUE A
TRADICIN DO FERRO TEN EN RIOTORTO E O APOIO DA DEPUTACIN PARA CONTRIBUR A FACER DA FERRERA UN
MOTOR ECONMICO PARA ESTE MUNICIPIO

RIOTORTO, 18 DE ABRIL DE 2010. O deputado da Área de Cultura da
Deputación de Lugo, Antonio Veiga, inaugurou esta mañá a IV Feira da
Artesanía do Ferro en Riotorto, acompañado do alcalde de Riotorto, o
tamén nacionalista Federico Gutiérrez Estoa, e a xerente do GDR Montes e
Vales, Mónica Rancaño. Antonio Veiga lembrou a importancia que a
artesanía do ferro ten para o concello de Riotorto non só desde o punto
de vista etnográfico ou da tradición, senón tamén como un motor
económico que sexa capaz de xerar emprego e riqueza como unha fonte de
atracción do turismo. Neste sentido apuntou que “a Deputación co seu
apoio tenta contribuír a que a tradición do ferro se erixa como un piar
de desenvolvemento económico e social para Riotorto”.

Os actos de apertura da IV Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto
contaron coa actuación dos “Gaiteiros de Riotorto” e tamén do coro
municipal, para pasar logo a unha demostración en vivo de forxado e
traballo co ferro tal como se fixo sempre en Riotorto. As autoridades
tamén puideron presenciar varias demostracións en vivo da realización de
pezas en ferro doutros lugares, como a ofrecida polos ferreiros da
Fonsagrada, ou o obradoiro de ferro infantil a cargo do ferreiro austríaco
Friedrich Bramsteidl. O delegado da Área de Cultura da Deputación,
Antonio Veiga, coa compaña do alcalde de Riotorto, aproveitou para
percorrer os preto de 30 postos adicados á exposición de artesanía, que
incluían outro tipo de produtos a maiores dos realizados con ferro, como
produtos gastronómicos, pratería, cestería ou traballos de coiro.

Pola súa banda, o alcalde Federico Gutiérrez Estoa anunciou que se
acababa de poñer en marcha o Plan Estratéxico do Ferro 2010-2015, que
conta na súa primeira anualidade cun investimento de máis de 190.000
euros, o que vai facer posíbel, ademais da organización desta feira,
poñer en marcha un obradoiro de emprego para que 12 veciños aprendan as
técnicas de elaboración da ferramenta de ferro durante un ano, así como
outras actividades como visitas guiadas de escolares ao concello para
coñecer a tradición ferreira.

Exit mobile version