Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha concentráción no Hospital da Costa pediu a área de xestión propia da Mariña

BURELA .- Veciños de A Mariña afectados polo futuro do hospital e traballadores do centro sanitario concentráronse diante do Hospital da Costa para rexeitar “o que está a facer a Consellería de Sanidade”. Durante a concentración leron un manifesto no que se pide unha área de xestión integrada propia da Mariña, que inclúa  primaria e especializada. Ampliación real do hospital en nº de camas, implantación de Oncoloxía, ampliación de hemodiálises, pleno funcionamento de Consulta Maior Ambulatoria, unha resonancia magnética,  a hospitalización a domicilio, a posta en funcionamento dos servizos de tarde, os aumentos de plantilla e por suposto o reforzo e mantemento de tódolos servizos e  unidades existente tanto de Atención Primaria como de especializada e manifestamos o mais enérxico rechazo a calquera integración que pretenda facerse coa nosa área sanitaria.

Nota Prensa

A Xunta de Persoal leu na concentraciónn con afluencia masiva tanto de traballadores/as como de ciudadans da  Mariñ,a que se sinten afectados polo que esta a facer a Consellería de Sanidade.

MANIFESTO
Dende fai un ano a sanidade pública galega e os traballadores do SERGAS vimos recibindo os ataques más duros que se recordan tanto na súa estrutura como no recorte dos dereitos laborais por parte da Consellería de Sanidade que non fan nada mais que desmotivarnos no noso quefacer diario.

Comezando pola suspensión dos acordos retributivos asinados e publicados no DOG, a parálises de aplicación do Plan Mellora de A.Primaria , a conxelación da carreira profesional, o peche de toda negociación, e rematando ca mobilidade forzosa dos traballadores e incluso de unidades coa creación das comisións de servizos forzosas

E trala  entrega na Mesa Sectorial as OOSS,  por parte da Consellería, dos Borradores do “Decreto de Estrutura Organizativa de Xestión Integrada” e  “Plan de Ordenación de RRHH”, donde se recollen entre outros asuntos, a adscrición dos hospitais de Cee e de Ribeira ao CHUAC (A Coruña) e ao CHUS (Santiago), perdendo a sua condición de xerencia independente, que se farían no presente exercicio, deixando as provincias de Orense e Lugo para ser ordenadas no próximo ano, pasando de largo do actual mapa sanitario, é decir, ni se fai referencia  a as áreas sanitarias en todo o documento “vulnerando” asi as competencias en materia de relacions laborais e a propia Lei que fixa a estrutura do Servicio Galego de Saude

.

Este decreto non define as unidades directivas,de xestión, nin as condicions laborais e económicas que se constitúen, e ó que é máis importante que papel se deixa a participación social como marcan claramente as leis de Saude de Galicia e a Lei Xeral de Sanidade, aspecto este que sería obrigado se non se tratara de sortear o actual mapa sanitario coa sua estrutura de áreas sanitarias.

A participación social establecida na actual Lei de Saude de Galicia refirense a os consellos de saude de Área Sanitaria (que non se citan no texto),e de ningún modo se refiren as Áreas de xestión integrada.

OS  TRABALLADORES DA AREA SANITARIA DA MARIÑA  ESIXÍMOS

-Unha área de xestión integrada propia da Mariña, que inclúa  primaria e especializada

– Una aposta firme e decidida por esta comarca coa ampliación real do hospital en nº de camas, implantación de Oncoloxía, ampliación de hemodiálises, pleno funcionamento de Consulta Maior Ambulatoria, unha resonancia magnética,  a hospitalización a domicilio, a posta en funcionamento dos servizos de tarde, os aumentos de plantilla e por suposto o reforzo e mantemento de tódolos servicios e  unidades existente tanto de Atención Primaria como de especializada e MANIFESTAMOS

O mais enérxico rechazo a calquera integración que pretenda facerse coa nosa área sanitaria

Exit mobile version