Site icon Crónica3.com A Mariña

Tendas do Centro Comercial Aberto de Ribadeo presentarán a moda primavera-verán ao pé da rúa

RIBADEO (FNC) .- Ribadeo acollerá mañá sábado 10 de abril un desfile de moda e un concerto musical ao pé da rúa. O desfile no que se presentarán as coleccións primavera-verán das tendas asociaciadas ao Centro Comercial Aberto terá por escenario as rúas Villafranca del Bierzo e Rodríguez Murias. Será de 18 a 20 horas e ao seu remate haberá un concerto musical que ofrecerán os profesores da Escola de Música de Ribadeo.

As rúas que acollerán esta cita serán engalanadas para a ocasión cunha alfombra de cor azul. Os actos enmárcanse dentro da campaña O comercio en movemento que organizaron conxuntamente o Concello e o Centro Comercial Aberto de Ribadeo. Esta fin de semana seguirá a campaña de animación á lectura Letras Vivas e ao longo dos vindeiros días os máis pequenos poderán disfrutar de teatro e tamén está previsto un concurso de pintura rápida ao aire libre. Os gañadores recibirán premios de 100, 200 e 400 euros.

Exit mobile version