O sábado 17 de abril o grupo de teatro “Sarabela” poñerá en escena a obra de Blanco Amor “A esmorga”. O lugar será o teatro Pastor Díaz, ás 20,30 horas. Trátase da obra cume da nosa narrativa feita teatro no cincuenta aniversario da súa publicación. Un espectáculo capaz de facer sangrar á chuvia e chorar ao lume.