Por outra parte é evidente que informar ós camiñantes do doado que é plantarse, con unha mínima desviación marítima, na histórica e singular xoia do pre-románico galego, do que é exemprar único, equivale a enriquecer o propio Camiño, feito que sen dubida os visitantes, maioritariamente, serán quen de valorar, pois poderán disfrutar, acaso para a súa sorpresa, da contemplación daquelas vellas pedras das que Cunqueiro dixera que “paracen labradas por mans imposibles”, pois faise verdade a frase de Ruskin según a cal “nas catedrais os anxos poñían a súa man nunha voluta ou nun capitel para expresar dun modo admirable algún misterio. “Quizais aquí – engade o ilustre escritor – anxos cantores diron leccións ós que labraron iste templo”.
É sabido que San Martiño foi, en tempos, paso de peregrinos e que contaba con hospital para a atención dos mesmos: vellos documentos existen nos que, con nomes e apelidos, figura relación de camiñantes extranxeiros que aquí morreron e foron soterrados. Botando man destes, e doutros precedentes históricos, a asociación Abrindo Camiño, botou sobre o lombo o traballo de reivindicar e potenciar a actualización da primitiva catedral mindoniense como un dos fitos mais interesantes do Camiño Norte.
Suso Fernández