RIBADEO (FNC) .- Horacio Cupeiro recollerá o vindeiro 7 de maio en Madrid a bandeira verde-municipio responsable que lle acaba de ser concedida ao Concello de Ribadeo por parte da Federación de Usuarios e Consumidores Independentes.
Un galardón co que se premian, segundo o edil de Medio Ambiente, “tres aspectos ou modalidades: a recollida de residuos, limpeza viaria e xardinería; o compromiso ambiental do Concello e a educación ambiental e participación cidadá”.
Horacio Cupeiro amósase moi satisfeito por “este recoñecemento, xa que anteriormente o logramos en dous campos e este ano conseguimos tres”.