Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo contrata a dous auxiliares da policía local para reforzo da temporada de verán

O Concello de Ribadeo contrata a dous auxiliares da Policía Local durante un período máximo de catro meses, pola modalidade de obra ou servizo determinado a xornada completa. Entre os requisitos que se piden figuran estar en posesión do permiso de conducir das clases A e B con BTP e da titulación que lles é esixible para o acceso aos funcionarios do grupo C2. A estatura mínima para os homes é de 1,65 metros e para as mulleres de 1,60. A documentación poderá  presentarse durante o prazo de cinco días naturais contados desde a publicación do anuncio da convocatoria

Exit mobile version