Site icon Crónica3.com A Mariña

Queremos Galego comeza en Foz unha recollida de sinaturas na Mariña para presentar unha ILP

FOZ .- A plataforma Queremos Galego comeza unha recollida de sinaturas na Mariña para presentar unha iniciativa lexislativa popular que ten como obxectivo a presentación dunha proposición de lei no Parlamento de Galiza que pretende anular o proxecto de Decreto de galego no ensino que elaborou a Xunta de Galiza e que pretenden aprobar antes de que remate o actual curso escolar. Queremos Galego recollerá  sinaturas mañá no mercado de Foz das 11:00 ás 13:00h.

Nota de Prensa

A Plataforma recollerá  sinaturas mañá no mercado de Foz das 11:00 ás 13:00h.

Queremos Galego comeza unha recollida de sinaturas na Mariña para presentar unha ILP

A sección mariñá da Plataforma Queremos Galego vai lanzar o Martes a campaña social de recollida de sinaturas para a presentación dunha iniciativa lexislativa popular que ten como obxectivo a presentación dunha proposición de lei no Parlamento de Galiza que pretende anular o proxecto de Decreto de galego no ensino que elaborou a Xunta de Galiza e que pretenden aprobar antes de que remate o actual curso escolar.

A plataforma cidadá  considera un autentico escándalo a posición do goberno galego coa súa proposta lingüística na medida que a mesma está a xerar unha discordia no conxunto da comunidade educativa e da sociedade galega e tamén pola súa teimosía en tentar aplicar un decreto que xa recibiu o rexeitamento do Consello escolar de Galiza, máxima órgano de representación da comunidade educativa. Neste sentido desde Queremos Galego consideran un feito inédito que a Xunta pretenda introducir unha modificación lexislativa coa oposición deste organismo, pois tratase da primeira norma na historia de Galiza que se aproba no ensino coa oposición do Consello Escolar.

Queremos Galego na Mariña que o vindeiro Martes terá unha mesa para a recollida de sinaturas no Mercado de Foz entre as 11.00 e as 13:00h quere facer un chamamento a todos os mariñaos a que asinen e apoien esta proposta, pois está política lingüística só vai ser modificada desde a mobilización do conxunto da sociedade. Estamos certos de que a presión social vai facer inviábel a aprobación deste proxecto polo que é necesario unha resposta activa da nosa sociedade en relación coa política linguicida do Goberno Feixoó. Nesta dirección desta a plataforma cidadá agardan a mesma resposta e apoio dos mariñaos a esta nova iniciativa da plataforma, como nas que puxo en marcha anteriormente.

A Plataforma que engloba a máis de 50 colectivos da comarca vai levar adiante a recollida de sinaturas ao longo de todo este mes a fin de chegar aproximadamente aos 10000 mil apoios, tendo xa a esta altura repartido pregos, e recollidas sobre unhas 3000 sinaturas. Nesta liña é de destacar o importante apoio que esta a ter a ILP entre a comunidade educativa, volcada absolutamente no apoio a mesma, tanto no plano do profesorado, como dos pais e nais e do alumnado. Queremos Galego vai organizar recollidas públicas de sinaturas no conxunto das vilas da Comarca e tamén en eventos sociais como a Feira de Artesanía do Ferro de Riotorto. No mesmo obxectivo anunciamos a todos aqueles e a todas aquelas veciñas que desexen prestar o seu apoio a iniciativa que se poñan en contacto coas asociacións que forman parte da plataforma para asinar esta ILP.

Xa por último desde Queremos Galego informamos que o vindeiro Sábado 17 de Abril vaise celebrar en Pontevedra un concerto de carácter nacional na que participarán 17 grupos da escena musical galega para expresar o seu rexeitamento ao decreto lingüístico da Xunta de Galiza. Os grupos que van participar no mesmo son do máis diverso e acollen unha ampla representación do mundo musical galego e entre eles atopanse formacións como Luar na Lubre, Berrogueto, Roi Casal, Fuxan os Ventos, A Quenlla, Ruxe Ruxe, Uxía Senlle, Susana Seivane, Nordestinas, Tino Baz,….Aquelas persoas que desexen acudir a Pontevedra a este concerto que comezará ás 19:30 horas do sábado poden comprar a súa entrada por anticipado chamando aos telefones 982-140-654 ou ao 982 129-593. Neste sentido e dado que o aforo e limitado, é conveniente mercar as mesmas por anticipado para non quedar sen entrada. Na mesma liña queremos indicar que a máis dos telefones que vemos de referir as entradas atópanse a venda tamén en diferentes establecementos da Comarca podéndose consultar os nomes do mesmo na páxina web de Queremos Galego.

Exit mobile version