Site icon Crónica3.com A Mariña

Publica o DOG actuacións de saneamento en Foz, Ribadeo e Cervo cofinanciadas con fondos da UE

A MARIÑA .- Publica o Diario Oficial de Galicia unha resolución da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos coas actuacións cofinanciadas polos fondos da Unión Europea para a primeira fase do saneamento integral do Concello de Ribadeo; para a reposición do colector xeral do río Covo, en Cervo e saneamentos nas parroquias de San Martiño, Santa Cilla, Mañente, Cordido e Peizás en Foz

Nota de Prensa

O Diario Oficial de Galicia publica no día de hoxe a resolución da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos pola que da publicidade das actuacións cofinanciadas polos fondos da Unión Europea na Mariña  lucense

Título: saneamento integral do concello de Ribadeo. 1ª fase. Ribadeo (Lugo).

Orzamento base de licitación: 640.000 euros.
Adxudicatario: Asogal Construcciones, S.L.
Orzamento de adxudicación: 512.320 euros.

Título: reposición do colector xeral do río Covo. Cervo (Lugo).
Orzamento base de licitación: 310.000,27 euros.
Adxudicatario: Auxiliar y General de Servicios, S.L.
Orzamento de adxudicación: 240.870 euros.

Título: saneamento nas parroquias: San Martiño (2ª fase) e Santa Cilla do Valadouro. Foz (Lugo).

Orzamento base de licitación: 605.915,05 euros.
Adxudicatario: Construcciones Isidro Otero, S.L.
Orzamento de adxudicación: 514.421,88 euros.

Título: saneamento en Mañente, Cordido e Peizás. Foz (Lugo).

Orzamento base de licitación: 898.991,39 euros.
Adxudicatario: Viviendas y Obras Civiles, S.A.
Orzamento de adxudicación: 611.314,15 euros.

Exit mobile version