Site icon Crónica3.com A Mariña

Amplia programación do Día do Xubilado do Concello de Cervo no que participan 600 veciños

CERVO.- O primeiro de maio celébrase a edición número 22 do Día do Xubilado no concello de Cervo, na que participan uns seiscentos veciños.

NOTA DE PRENSA:
XXVII DÍA DO XUBILADO – CONCELLO DE CERVO

Cervo, 30 Abril de 2010.- Maña sábado, 1 de maio, celébrase a XXVII edición do Día do Xubilado do Concello de Cervo, na que están inscritos uns seiscentos veciños.

Un total de dez autobuses recollerán aos participantes por todas as parroquias do concello nas paradas habituais. Os percorridos de cada autobús e as horas aproximadas ás que pasarán son as seguintes:

* 1 autobús: fará as recollidas de Rúa-O Paraño (11:00 horas)
* 1 autobús: fará o percorrido San Román-Cuiña-Rueta (11:00 h)
* 1 autobús: fará o percorrido A Florida-Casa do Mar (San Ciprián)(11:15 h)
* 2 autobuses: sairán da Casa do Mar de San Ciprián (11:15 h)
* 1 autobús: cuxa ruta será Vila de Suso-Espiñeirido-Río Cobo-A Venta-Gondrás (10:45 h)
* 1 autobús: co percorrido Lieiro-O Pedregal (10:15 h)
* 1 autobús: co percorrido Figueirido-Paraño-Cervo (11:00 h.)
* 1 autobús: co percorrido Trasbar-Castelo (11:00 h.)
* 1 atobús: co percorrido Sargadelos-A Senra (11:00 h.)

Unha vez que recollan aos asistentes, todos os autobuses desprazaranse ata o pavillón municipal de deportes da Veiga, onde os participantes se reunirán para asistir á celebración dunha misa interparroquial. Ao remate da eucaristía (13:30 h.) está previsto que a comitiva se desprace cara ao municipio de Viveiro para celebrar nun restaurante desta localidade o tradicional xantar de irmandade.

Nesta edición, o xantar celebrarase non restaurante O Val do Naseiro, ás 14:30 horas, e estará presidido polo conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, e pola delegada provincial da Xunta de Galicia, Raquel Arias.

38 parellas con máis de 50 anos de unión

Este ano, coma novidade está previsto facer unha homenaxe especial ás parellas do municipio con 50 ou máis anos de casadas. O número de parellas confirmadas para este homenaxe é de 38 e ao longo de toda a xornada terán un protagonismo especial.

Como en edicións anteriores, despois do xantar de irmandade farase entrega dos premios dos campionatos de Parchís e Tute organizados para os xubilados, e cuxos gañadores son os que de seguido se indican.

Tute

1º premio: José Antonio Fraile e Andrés Diaz

2º premio: Josefa Nuñez e Mª Elena González

3º premio: Guillermo Miguel e Villa Gallego

Parchís

1º premio: Villa Gallego e Pilar Gallego

2º premio: Helena Fernández e Mª Carmen Ramos

3º premio: Marcelina Pillado e Mª Luisa Ponte

Non faltarán o baile nin os tradicionais sorteos de agasallos cedidos por diferentes establecementos, como son: Alcoa, Cerámica Gudín, Cerámica de Sargadelos, Distribuciones Carreiras, Alcoa, Autos Rodríguez, Confitería María-Pastelería Fontenova, Restaurante O Val do Naseiro, aos que desde a concellería de Asuntos Sociais dirixida por Pilar Armada, agradecen a súa colaboración.

A concelleira de Asuntos Sociais, Pilar Armada, quere tamén agradecer a colaboración e o traballo desenvolvido polos membros do Servizos Socias e de Axuda a Domicilio do Concello de Cervo, así como á brigada de Obras, Policía Local e Protección Civil, “sen os cales sería imposible levar adiante este evento” recalcou.

Exit mobile version