RIBADEO (FNC) .- Mª Xosé Vega Bujan, vicepresidenta terceira da Deputación de Lugo e responsable da Área de Benestar Social e Igualdade, inaugurou no dia de hoxe, no Parador de Turismo de Ribadeo, as 3ª Xornadas Formativas sobre Abordaxe Integral da Violencia de Xénero desde o ámbito local, baixo o lema Mellorando a nosa actuación, contribuíndo ao empoderamento das mulleres.
Estas xornadas, que organiza o Concello de Ribadeo, diríxense a profesionais que traballan con vítimas da violencia de xénero, para xuntar coñecementos, mellorar a coordinación e promover estratexias educativas e preventivas encamiñadas a obter unha sociedade libre de violencia.
O Concello de Ribadeo recibiu unha subvención da Área de Benestar Social e Igualdade da Deputación, de 4.000 euros, xa que entre os obxectivos deste departamento está a colaboración cos concellos que promovan políticas activas dirixidas á eliminación da violencia de xénero e á mellora do benestar dos cidadáns.
No acto de inauguración estiveron tamén o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, a concelleira de Muller, Mariluz Álvarez Lastra e a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias.
NOTA DE PRENSA:
INFORMACIÓN RELATORES/AS (XORNADAS VIOLENCIA DE XÉNERO)
Venres 23 de abril
MESA REDONDA: INCORPORANDO O ENFOQUE DA DIVERSIDADE AOS SERVICIOS QUE TRABALLAN CON VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO.
Ana Luisa Regueira Fuenteseca
Psicóloga clínica
Directora de ALUME ( Asociación Lucense de Ayuda a Personas con
Enfermedad Mental ) desde Mayo del 2009. Anteriormente, traballou como psicóloga en rehabilitación de drogodependentes en Proxecto Home durante 14 anos
Cristina García Gallego
Licenciada en Dereito
Titulo de postgrado de Experto Xurídico en Migracións Internacionais e Dereito de Extranxeiría, otorgado pola Universidade Europea de Madrid e homologado polo Consello Xeral do Poder Xudicial.
Título de Especialista Universitario en Dereitos Humanos, expedido pola Universidade Nacional de Educación a Distancia
Responsable da Oficina de Orientanción e asesoría xurídica a empresas e persoas estranxeiroas do Concello de Lugo, durante o proceso extraordinario de regularización realizado recentemente ó amparo da disposición adicional terceira do Regulamento de Estranxeiría . Ano 2005.
Responsable da asesoría Xurídica da Oficina de Orientación e información a persoas estranxeiras do Concello de Monforte de Lemos dende outubro do ano 2005 ata actualidade.
Responsable do Departamento Xurídico do Programa de Acollida a persoas Inmigrantes, de Cáritas Diocesana de Lugo, con funcións de investigación e asesoramento xurídico a persoas extranxeiras dende o ano 1996 ata actualidade.
Socia titular do despacho profesional de avogados “ESTUDIO XURÍDICO IURIS”, sito na rúa Raiña nº 7-9, piso 4º F-3, dende o ano 1998 ata actualidade, con exercicio profesional principalmente na demarcación xudicial que corresponde a provincia de Lugo.
Experiencia acreditada de exercicio profesional no turno de Asistencia Xurídica do Colexio de Avogados de Lugo, adscrita o turno especial de estranxería, familia, violencia doméstica, menores dende o ano 2000.
Mónica Alvarez San Primitivo
Diplomada en Maxisterio, Especialidade Educación especial
Actualemente traballa como orientadora laboral en COGAMI. As funcións desempeñadas son, orientación laboral, selección de persoal, asesoramento, información, tutorización, impartición cursos T.B.E., ect
ELIAS PALACIO VERDINI
Vicepresidente de FADEMGA-FAEPS
O TRATAMENTO DA VIOLENCIA DE XÉNERO POLOS MEDIOS DE COMUNUNICACIÓN
Ana Belén Puñal Rama
Xornalista e investigadora en comunicación e xénero. Como xornalista, traballa dende hai dez anos na revista TEMPOS Novos, na que exerce na actualidade como redactora xefa. Como investigadora, forma parte do grupo de investigación CIDACOM, da Universidade de Santiago de Compostela, que en 2007 e 2008 realizou dous traballos de investigación sobre o tratamento da violencia de xénero nos medios de comunicación galegos, financiados pola Secretaría Xeral da Igualdade. Participou, ademais, na organización de diversas xornadas, cursos e foros sobre o tratamento da violencia de xénero nos medios. En 2004, formou parte do equipo de organización do I Foro sobre Medios de Comunicación e Violencia contra as mulleres, celebrado a iniciativa do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, e no que se aprobou o primeiro documento de recomendacións sobre o correcto tratamento da violencia de xénero en Galicia, a Declaración de Compostela. Foi docente, así mesmo, nos cursos de formación dirixidos a xornalistas sobre o tratamento mediático da violencia de xénero celebrados en 2008 pola Secretaría Xeral de Igualdade, e directora do curso sobre Comunicación e Xénero celebrado en marzo de 2009 na facultade de xornalismo. É membra da xunta de goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e do consello directo do Sindicato Profesional de Xornalistas de Galicia
representación teatral
directora: Mariana Carballal
Licenciada en Arte Dramática e con Mestría en Teatro e Sociedade, é profesora de Interpretación da ESAD de Galicia e profesora de Dirección e Interpretación en Comunicación Audioviual na Universidade de Vigo.
Actriz de Teatro, Tv e Cine. (Manos a la Obra,Nada es para Siempre,Mareas Vivas, Terras de Miranda,Hospital Central,Pratos Combinados ou O Show dos Tonechos en Tv, El Patio de mi Cárcel, Cuando vuelvas a mi lado,O Ano da Carracha, 13 Badaladas, en Cine) son algúns dos titulos da súa traxectoria como actriz. Como Directora arrancou e dirixiu os 50 primeiros capítulos de Libro de Familia (serie de éxito da TVG). Directora da Gala dos Premios María Casares no 2009, coordina e dirixe nestes momentos o Proxecto “Os Soños de Walla”, da ESAD de Galicia e o Fondo Galego de Solidariedade.