Site icon Crónica3.com A Mariña

Portos de Galicia comeza a construción das naves no peirao comercial de Ribadeo

SANTIAGO .- Portos de Galicia anunciou que comeza a construción das naves no peirao comercial de mirasol no porto de Ribadeo para contar cun espazo acondicionado inicialmente para a estiba das mercadorías de carga e descarga do peirao

Nota de Prensa

Esta actuación acometerase para contar cun espazo acondicionado inicialmente para a estiba das mercadorías de carga e descarga do peirao

PORTOS DE GALICIA COMEZA A CONSTRUCIÓN DAS NAVES NO PEIRAO COMERCIAL DE MIRASOL NO PORTO DE RIBADEO

* Algunha reedificarase en condicións semellantes ás precedentes, independentemente dunha nave-almacén que integrará este edificio de maneira análoga ás xa existentes na explanada portuaria.

* O presuposto 549.000 euros e o prazo de execución de cinco meses.

Santiago, 12 de abril de 2009.- O ente público Portos de Galicia, anuncia o comezo das obras de construción dunhas naves portuarias no peirao comercial de Mirasol no porto de Ribadeo. O presuposto é de 549.000 euros e o prazo de execución de cinco meses.

Esta actuación realizarase co motivo de resolver as necesidades de Portos de Galicia para contar cun espazo acondicionado inicialmente para a estiba das mercadorías de carga e descarga do peirao comercial de Ribadeo, sen establecerse un uso definido neste momento e, simultaneamente reedificar as naves taller que o temporal pasado afectara as instalacións de dúas concesionarias do porto de Ribadeo.

Neste senso, reedificaranse en condicións semellantes ás precedentes, independentemente dunha nave-almacén que xunto á presente actuación integrará este edificio de maneira análoga ás xa existentes na explanada portuaria.

Precisase polo tanto, no caso da nave-almacén, delimitar un espazo con peche e cuberta donde poñer a resgardo os produtos con entrada ou saída portuaria desde as instalacións xestionadas polo ente público, ou ben para os fins que se teñan a consideración mediando cantos procedementos sexan precisos para o acondicionamento de uso ou actividade ao que se deba suxeitar a nave almacén proxectada e, en canto ás naves-taller repoñelas para o servizo e uso preexistente das actuais concesionarias.

A edificación está  situada no peirao comercial de Mirasol en Ribadeo, en liña e próxima pero non pegada á nave propiedade dunha concesionaria do porto, retirándose pouco mais dun metro desta, e ocupando un rectángulo duns 900 metros cadrados de superficie dentro da área de servizos do peirao comercial de Ribadeo.

Exit mobile version