NOTA DE PRENSA
A deputada popular Emma Álvarez Chao criticou hoxe a “demagoxia da deputada socialista Sonia Verdes que ven a mentir, a alarmar aos nosos produtores de leite e a intentar lavar a cara do PSOE en base a falsas acusacións coa única intención de desgastar ao goberno da Xunta de Galicia”
O PPDEG INSISTE EN QUE A DISTRIBUCIÓN DAS NOVAS AXUDAS DA PAC FORON DECIDIDAS UNILATERALMENTE POLO GOBERNO CENTRAL
* Álvarez Chao recalcou que a Orden que desenrola a Xunta non pode contradicir o Real Decreto publicado polo Ministerio, que decidiu unilateralmente compensar tan só as zonas desfavorecidas da alta montaña e non as zonas con agricultura economicamente vulnerable, a pesares de ser solicitado pola Consellería, e con limitacións específicas para a produción de leite como é a Mariña lucense
* O PPdeG recorda que o chequeo médico da PAC se xestou na etapa bipartita na Xunta de Galicia e coincidindo con gobernos socialistas na Xunta e no Goberno central
A Mariña, 19 de abril de 2010.- A deputada do PPdeG Emma Álvarez Chao insistiu hoxe en rolda de prensa que a distribución das novas axudas da Política Agraria Común (PAC) foron decididas unilateralmente polo Goberno central. Deste xeito Álvarez Chao criticou a “demagoxia da deputada socialista Sonia Verdes que ven a Mariña a mentir, a alarmar aos nosos produtores de leite e a intentar lavar a cara do PSOE en base a falsas acusacións coa única intención de desgastar ao goberno da Xunta de Galicia”. Criticou que os socialistas se atreveran a dar datos concretos das axudas xa que hoxe en día son imposibles de confirmar “posto que está falando dunha axuda cun importe de 40,2 millóns de euros para repartir entre toda España e que se fará tendo en conta o número de cabezas contabilizado a 30 de abril”.
Segundo a deputada popular estas axudas, establecidas no Real Decreto 66/2010 de 29 de xaneiro, para a súa aplicación nos anos 2010 e 2011, son para compensar as desvantaxes específicas que afectan aos agricultores do sector lácteo en zonas desfavorecidas pola poboación ou pola alta montaña xa que así o decidiu, unilateralmente, o Ministerio de Medio Ambiente. Álvarez Chao recordou que dende a Consellería de Medio Rural, a nacionalista e a actual, púxose de manifesto o desacordo a que se fixera deste xeito pero o Goberno central non tivo en conta estas peticións. Deste xeito, para o PPdeG na proposta para este sector se tiveron en conta as desventaxas derivadas da ubicación das explotacións leiteiras en zonas economicamente vulnerables pero non se contemplaron desventaxas do tipo de agricultura economicamente vulnerable que se practica noutras zonas distintas das de montaña, desfavorecidas pola despoboación ou con limitacións específicas para produción de leite como é a Mariña lucense.
Dende a Consellería de Medio Rural, indicou a deputada popular, propúxose que se tivera en conta este aspecto e que puideran ter acceso as axudas neste Real Decreto as explotacións con base territorial suficiente para a alimentación do gando, na que a porcentaxe de pastos sobre a superficie forraxeira total sexa superior a un porcentaxe a determinar, próximo ao 60%.
Segundo Álvarez Chao a orde da Consellería de Medio Rural de 22 de febreiro do 2010 pola que se regulan os pagamentos directos á agricultura e á gandería no ano 2010 ten que axustarse por lei ao establecido no Real Decreto citado, polo tanto “a decisión de non ter en conta nestas axudas ás explotacións de zonas distintas das desfavorecidas é decisión única e exclusiva da Administración Central, que pon de manifesto a súa falla de sensibilidade” .
Para a deputada popular “compre recalcar e deixar ben claro que ás explotacións de leite non se lle recortan as axudas que viñan cobrando da PAC, esta é demagoxia típica da voceira socialista, estamos a falar de axudas novas procedentes da UE que nacen do marco do chequeo médico da PAC que finalmente tomou forma o 20 de abril do 2009, precisamente o mesmo día que tomou posesión o actual Conselleiro de Medio Rural polo que a deixadez recae sobre a Xunta bipartita pois foi precisamente nese momento cando xe xestou a reforma da PAC da que estamos a falar”.
Segundo a deputada popular o Goberno galego ten aportado achegas para o sector lácteo no seu conxunto, independentemente das zonas, en distintos momentos como en concreto na citada orde de 22 de Febreiro no título II referido as axudas ao desenvolvemento rural para a utilización sustentable das terras. Álvarez Chao rematou a súa intervención cunha crítica as axudas cun orzamento de 40,2 millóns de euros para o sector lácteo “insuficientes pero que a flamante ministra socialista, a galega Elena Espinosa preferiu desviar cara a outros sectores como o ovino, os cereais ou as améndoas precisamente nun momento en que se está a vivir a maior crise do sector lácteo dos últimos 30 anos”.
“Sorprende que quenes estaban no goberno acusen agora a quen non ten máis potestade ca de desenrolar un Real Decreto do Ministerio e as mentiras acaban caendo polo seu propio peso” indicou a deputada popular referíndose ao manifestado pola deputada socialista.