Site icon Crónica3.com A Mariña

Pista de patinaxe no polideportivo do Campo da Cabana de Foz

Durante este mes está colocada unha pista de patinaxe no polideportivo do Campo da Cabana de Foz.

A pista non ten xeo, ten un solo de un plástico duro que fai un efecto similar o das pistas de xeo.

E unha boa nova, pois moitos nenos e nenas, rapaces e rapazas, e tamén os mais maiores, teñen a ocasión de practicar unha actividade deportiva difícil de encontrar na zona da Mariña.

Da pista poden disfrutar non só os veciños de Foz, tamén poden facelo os demais veciños da Mariña.

Pero eu quero poñerlle un reproche a esta boa nova. O Polideportivo do Campo da Cabana e moi usado por nenos e xoves durante todo o ano. Pero aínda mais nesta época en que xa temos días largos e de bo tempo.

A pista que se colocou podíase haber colocada noutro lugar, como podería ser Porto Chico ou a explanada do Porto, e así non se inutilizaría unha pista moi usada por a nosa xuventude.

Espero que se teña en conta na próxima ocasión en que se teña a posibilidade de traer outro evento para o noso Concello.

Exit mobile version