Nota de Prensa
Os deputados populares promoveron distintas iniciativas centradas de xeito especial no mundo do mar e do agro, por ser sectores estratéxicos da nosa comarca
Balseiro Orol e Emma Álvarez impulsan a acción do goberno en defensa dos intereses da mariña lucense
* A dotación dun segundo cadro de tripulación ao helicóptero Pesca 2, garantindo a sua operatividade as 24 horas do día, os 365 días ó ano, a promoción e diferenciación de peixe e marisco capturado pola flota galega fronte a especies foráneas e a creación dun selo identificado das redes artesanais principais iniciativas de Balseiro ata o momento
* A recuperación do cinto industrial de Alcoa, a posición favorable da nova Xunta ao respecto da apertura ao tráfico comercial xeral do dique de Moras, a construción de 18 vivendas de promoción pública en Trabada, e a axilización da chegada do gas natural á nosa comarca son proxectos cos que os deputados do PP intentan corrixir as erradas decisións do anterior bipartito ou do Goberno central
* Emma Álvarez logrou que o Parlamento reclamase o recoñecemento oficial do Camiño do Mar como ruta xacobea, a posta en valor do pazo de Tovar en Lourenzá ou a construción dun circuito de motocross en Trabada. Ademais buscou o recoñecemento do pemento de Mougan e que se completen as etiquetas de trazabilidade coas que saen as canles de vacún dos matadoiros galegos
A Mariña, a 13 de abril de 2010.- Os deputados autonómicos José Manuel Balseiro e Emma Alvarez levaron neste primeiro ano de lexilatura un amplísimo abano de iniciativas ó Parlamento, boa parte delas directamente relacionadas coa comarca á que representan e tamén específicamente vinculadas á pesca e ó agro, sectores nos que actúan de voceiros, ben sexa na cámara ou na comisión pertinente e que se corresponden con espazos estratéxicos dentro da economía da Mariña lucense.
Así, no caso de Balseiro, a instancias das súas iniciativas, a Xunta de Galicia dotou de dobre tripulación ós helicópteros do Servizo de Gardacostas de Galicia, e nomeadamente ao Pesca 2, que ten a súa base no porto de Celeiro (Viveiro), actuación desbotada polo bipartito. Desde o primeiro día de abril están operativos as 24 horas do día os 365 días do ano co conseguinte beneficio que supón non só para os pescadores senón para todas as xentes da mar e os servizos de emerxencia cos que tamén colaboran estes helicópteros.
A intensificación do control sobre a entrada e comercialización do peixe panga asiático por parte da Xunta foi outro dos cabalos de batalla deste deputado popular, que logrou que se excluirán dos menús dos centros públicos autonómicos en beneficio do peixe e marisco capturado pola flota galega. Relacionado con este asunto tamén promoveu o establecemento dunha regulación que lles permita ós consumidores distinguir claramente o peixe e marisco nos puntos de venda polo miúdo, identificando deste xeito os produtos galegos, con maiores garantias nutricionais e hixienico-sanitarias
Balseiro tamén fixo moito fincapé en que o Goberno galego prestara apoio loxístico á frota galega que participa na costeira do bonito e que a Xunta voltara a realizar campañas de promoción e consumo deste peixe, que foran eliminadas polo bipartito.
Gracias as súas propostas, as redes elaboradas por redeiras e atadoras artesanais incorporarán un selo homologado específico e identifitivo que pon en valor este traballo e evita os habituais casos de intrusismo profesional
EMPREGO, INDUSTRIA, FUTURO.-
Fóra do ámbito marítimo-pesqueiro Balseiro impulsou a recuperación do cinto industrial de Alcoa, un proxecto de interese supramunicipal que polo seu emprazamento estratéxico, xunto a multinacional do alumnio e no centro da comarca, contribuirá a achegar novas empresas e xerar novos postos de traballo na Mariña, e que no seu momento foi desbotado polo bipartito. Ademais sería complementario á apertura dun novo porto comercial xeral aproveitando o dique de Morás, actualmente infraempregado, un proxecto para o que Balseiro acadou o apoio do Parlamento e da Xunta, despois de anos de esquecemento. O deputado popular tamén rexistrou unha iniciativa para requerir ao Estado a adxudicación urxente do gasoduto da Mariña, que achegaría o gas natural, un combustible máis barato e seguro, a todos os fogares e empresas da coamarca. Tamén requeriu ó Goberno do Estado a apertura do centro da Garda Civil do Mar de Viveiro, que permanece sen servizo pola pasividade do Ministerio socialista do Interior.
CAMIÑO DO MAR
Ademais, xunto coa súa compañeira Emma Alvarez logrou que o Parlamento promova a oficilización coma ruta oficial xacobea do viario de peregrinación coñecido como o Camiño do Mar, unha histórica reivindicación que servirá para poñer en valor o patrimonio cultural e paixaxístico da Mariña, así como atraer novos peregrinos.
Alvarez, pola súa banda, acadou que Trabada conte cun circuito de motocross que prometera no seu día o BNG pero que durante a súa etapa como membro do goberno galego non chegou a materializar.
POSTA EN VALOR DO PAZO DE TOVAR
Acadou, ademais, o compromiso do conselleiro de Cultura a colaborar co concello de Lourenzá para que o Pazo de Tovar, alí situado, sexa un ben patrimonial de disfrute público e puxou porque o pemento de Mougan, do que se esqueceu o bipartito, acade unha Indicación xeográfica protexida
UXFOR, XABARÍNS E VIVENDAS
Emma Alvarez tamén se interesou pola unidades de xestión forestal (UXFOR) constituída polo bipartito instando ó Goberno a súa revisión xurídica administrativa e técnica, así como a crear unha nova figura societaria de xestión forestal viable económica e ambientalmente sostible que verá a luz antes de que remate abril e polo Banco de Terras de Galicia, constribuindo coa súa iniciativa á eliminación do tenteo e retracto que tanta polémica suscitou ata o de agora, tanto polo carácter intervencionista de medida como pola burocracia que acarreaba, así como a posta a disposición por parte da Xunta dos terreos sobrantes volcados no Bantegal a favor de particulares ou de administracións locais interesadas na súa adquisición para fins públicos, asuntos que estaban aínda por abordar, e por propoñer á Xunta que haxa un maior control sobre as etiquetas de trazabilidade que acompañan á carne de vacún dende que saen dos nosos matadoiros para que o consumidor teña claro onde naceu, onde foi criado e onde sacrificado e non se leve a enganos con etiquetas nas que só aparece información do país, sin especificar a CCAA, que fácilmente leva a confusión en canto á orixe da carne que está a mercar.
A incidencia dos xabaríns nas explotacións agrícolas da zona foi outra das cuestións abordadas pola deputada mariñana, quen propuxo á Xunta o control da poboación destes animais en zonas agrárias em colaboración cós tecores, así como o desbloqueo de zonas de caza restrinxidas de especial interese agrário e que actúan como refuxios de camadas. Asimesmo, instou a Xunta a crear un plan de actuacións específicas com medias concretas encamiñadas a minimizar os danos provocados pólos xabarís nas colleitas facendo partícipes os Sindicatos Agrarios, os representantes dos cazadores e os grupos conservacionistas.
Emma e Balseiro interesáronse finalmente por recuperar un proxecto anulado polo bipartito: a construción de 18 vivendas de promoción pública en Trabada.