Site icon Crónica3.com A Mariña

O Telecentro de Ribadeo remata o primeiro trimestre do ano con 39 usuarios máis

RIBADEO (FNC) .- O Centro de Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Ribadeo (Telecentro) remata o primeiro trimestre do ano con 39 usuarios máis. Nos últimos 3 meses impartíronse 58 horas de formación tecnolóxica e a aula aberta foi utilizada en máis de 1.500 ocasións.
Os obradoiros impartidos estes meses foron tanto de alfabetización dixital básica, como outros máis avanzados como o de xestión de calendarios, creación dunha conta de correo electrónico ou de prensa en internet. Algo que pon de manifestó a grande diversidade formativa que oferta a Rede.
Desde que botara a andar en Ribadeo o CEMIT a finais do ano 2007 foron xa 1.065 os usuarios e usuarias que fixeron o seu carné. Ao longo destes anos leváronse adiante 108 obradoiros nos que se formou a 737 participantes.

Exit mobile version