Site icon Crónica3.com A Mariña

O secretario do Parlamento de Galicia invita a coñecer a “casa de todos os galegos” a grupos e colectivos

alumnos do colexio Sagrado Corazón de Jesús, de Ribadeo

SANTIAGO .- O secretario da Mesa do Parlamento de Galicia, José Manuel Balseiro, invitación a todos os grupos de escolares, asociacións e colectivos, para que no caso de que así o desexen, poidan acudir a coñecer a “casa de todos  os  galegos”. Hoxe acudiron alumnos do colexio Sagrado Corazón de Jesús, de Ribadeo acompañados dos seus profesores. Foron recibidos por José Manuel Balseiro Orol, secretario da Mesa do Parlamento quen lles agradeceu a visita e deu conta de varias cuestións relativas ao funcionamento da Cámara lexislativa galega.

Nota de Prensa

Alumnos do colexio SAGRADO CORAZÓN DE JESÚS, de Ribadeo visitaron no día de hoxe as instalacións do Parlamento de Galicia acampañados dos seus profesores. Foron recibidos por Jose Manuel Balseiro Orol, secretario da Mesa do Parlamento quen lles agradeceu a visita e deu conta de varias cuestións relativas ao  funcionamento da Cámara lexislativa galega.

Ademais os alumnos puideron presenciar desde a tribuna de invitados do Parlamento de Galicia o transcurso da Sesión Plenaria, que precisamente no día de hoxe se está a celebrar no Pazo do Hórreo.

Jose Manuel Balseiro fai extensible, na súa calidade  de Secretario do Parlamento de Galicia, a invitación a todos os grupos de escolares, asociacións e colectivos para que no caso de que así o desexen poidan acudir a coñecer a “casa de todos  os  galegos”,  o Parlamento de Galicia. Con este obxecto poden contactar co Gabinete de Presidencia da Cámara galega no teléfono 981 55 13 00

Exit mobile version