Pascual Doménech sinala que “logo da comunicación recibida dende a Consellería do Medio Rural, para a distribución dos recursos económicos, financiados nun 60% polos Fondos Feader a través do Goberno Central, que pon a disposición do Concello de Burela dentro do PEIM RURAL 2009, procedeuse á redacción dunha memoria valorada denominada rede de saneamento-Camiño de Foxo. Despois de presentar o anteproxecto, recibiuse notificación para a sinatura dun convenio no cal a Consellería tiña previsto adxudicar dita a obra así como a súa execución, que terá un custe aproximado de 42.069 euros”.
O edils socialista asegura que “por parte do Concello de Burela preténdese mellorar o núcleo rural do barrio de A Casilla, dotándoo de servizos urbanísticos e dando continuidade á rede xeral existente nesa zona ata conectar esta nova rede de saneamento co bombeo existente nesa parte da vila. A descripción da obra a realizar é a seguinte: excavación de zanxas en roca para canalización, suministro e colocación de pozos e colector de saneamento, conexión coa rede existente para bombeo e subministro e posta en obra de capa de rodadura tipo D-12 de 6 cm. de espesor (reposición de pavimento)”.
Pascual Doménech engade que “a cambio o Concello pon a disposición os terreos necesarios libres de cargas e gravames e unha vez recepcionadas as obras, comprometese á explotación, mantemento e conservación da mesma, despois do período de garantía e mantemento á cargo da empresa adxudicataria que se establece nun ano”.