Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE reclama no Parlamento licitar de inmediato a obra do novo albergue de Ribadeo

Nota de Prensa

OS SOCIALISTAS RECLAMAN NO PARLAMENTO LICITAR DE INMEDIATO A OBRA DO NOVO ALBERGUE DE RIBADEO

– A portavoz de Cultura do Grupo Parlamentario Socialista Concepción Burgo advirte que este albergue é sumamente necesario dada a escasa capacidade do que xa existe que non pode dar servizo o cada vez maior número de solicitantes e o novo albergue tería, segundo o proxecto, un número elevado de prazas, en torno a 60 máxime, atopándonos nun Ano Santo

–  A deputada  denuncia que a pesar da necesidade e de que xa se conta co proxecto, nada se fixo dende a actual Consellería de Cultura e Turismo mailas repetidas peticións do Concello

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2010. A portavoz de Cultura do Grupo Parlamentario Socialista Concepción Burgo rexistrou, diversas iniciativas na Cámara Autonómica, nas que reclama licitar de inmediato a obra do novo albergue de Ribadeo, no edificio cedido polo bispado, e a comezar a súa construcción no menor tempo posible.

A portavoz socialista lembrou que o anterior Goberno da Xunta de Galicia, a través do Xacobeo, adquiriu o compromiso de facer un novo albergue de peregrinos en Ribadeo dado o importante crecemento de peregrinos no Camiño Norte ao que se accede a Galicia dende esta vila. Para iso asinouse un convenio co Bispado polo cal este  cedía  o edificio dun antigo colexio radicado no casco vello para ser acondicionado como albergue de peregrinos. O proxecto para esta construcción xa está redactado e entregado á Consellería de Cultura e Turismo.

Burgo advirte que este albergue é sumamente necesario dada a escasa capacidade do que xa existe que non pode dar servizo o cada vez maior número de solicitantes e o novo albergue tería, segundo o proxecto, un número elevado de prazas, en torno a 60 máxime, atopándonos nun Ano Santo.

A deputada lucense denuncia que a pesar da necesidade e de que xa se conta co proxecto, nada se fixo dende a actual Consellería de Cultura e Turismo mailas repetidas peticións do Concello. Afirma que “ esta desidia non só provoca que sigan sendo escasas as infraestructuras do Camiño Norte senón que está poñendo en perigo a posibilidade de rehabilitación do edificio xa que a finais do mes de marzo derrubouse unha parte, quedando a estructura moi afectada, o que pode provocar que se veña abaixo co perigo que iso supón”, aseverou Burgo.

Exit mobile version